Artigos de Jose Luis Quintela

A “ratio”

Desde o inicio do curso vense protestas por parte de diferentes estamentos da comunidade educativa de distintos centros escolares pedindo máis profesorado e unha relación entre o número de docentes e de alumnado que permita afondar na atención á diversidade e nas tarefas como o apoio educativo ou a adquisición de linguas. Neste artigo insístese en que só é posible unha educación de calidade cun número axeitado de docentes, por enriba de calquera outro parámetro diferente.

Oropouche

Cales son os problemas reais da nosa sociedade? Verdadeiramente pensa vostede que as continuas agarradas e singulares postas en escena dos que fan da política de partido o seu eido de relación coa sociedade son o máis crítico? E que pensa da evolución do modelo de convivencia, afastado cada vez máis da toma de decisións e que identifica individuo e consumidor, simplificando as ideoloxías? Coidado coas posibles labazadas do futuro nun mundo de relacións decadentes... Pode que quen nolas dea vaia ser algo microscópico...

Vivenda, moito máis ca un obxecto de desexo...

Son moitas as experiencias noutros países do noso entorno, durante décadas, fornecendo de vivenda en alugueiro a prezo taxado e dependente da situación económica das familias. Aquí, polo de agora, o esforzo en materia de provisión universal de vivenda tense focalizado doutra maneira e con menor intensidade... Penso que é hora de, nun contexto de especulación nunca visto e de novos axentes “consumidores” de vivenda, poñer os vimbios para facer as cousas doutra maneira...

Orgullo

Coa chegada da conmemoración da revolta de Nova Iorque que marcou o 28 de xuño como día de reivindicación dos dereitos LGTBQI+, hai quen insiste en cuestionar tal celebración explicando que non hai un día do orgullo “hetero”... De verdade pode non entenderse o dano que fai tal tipo de afirmación ao máis elemental enfoque de dereitos? Ou hai outro tipo de consideracións detrás, que teñen menos que ver coa realidade LGTBIQ+ que cou outros intereses espurios? ...

Da potenciación do rural... e da coherencia

Moito escoitamos falar das excelencias do rural e da súa potencialidade, mentres segue sen haber unha ordenación dos diferentes usos industriais do territorio, e mesmo dándolle pulo a iniciativas que poden poñer en perigo á xigante oportunidade de Galicia nun futuro a medio prazo, na que podemos ser un dos máis claros pulmóns e refuxio do sur de Europa, indo moito máis aló do extractivo e, en cambio, pechando a cadea de valor en eidos sostibles e de alto rendemento.

Coidando do galego

Estes días un goberno local foi noticia por tentar reducir o uso do galego, en particular nos procedementos de licitación de tal Concello. A causa ofrecida para tal cousa foi práctica: por reducir atrancos e non ter que traducir... Traducir ao galego, en Galicia? Afortunadamente todo iso quedou finalmente en nada, despois dunha resposta unánime desde moitos foros, pero tal episodio motiva esta columna...

Nin fumo nin me fagas fumar

Reflexionemos xuntos sobre o estado da cuestión do tabaquismo social, ese que comeza cando o fume do cigarro dun terceiro chega ao meu nariz e contamina o aire que eu respiro. Ou cando as cabichas, que algúns dos que fuman guindan, contaminan praias ou beirarrúas... Un tema, sen dúbida, polémico...

Comunicando...

Nestes tempos nos que os contedores (os museos) pénsanse e execútanse ás veces antes que os contidos que se supón son a súa razón de ser, hai un museo pequeniño en A Coruña que é, en si, toda unha ledicia... É unha historia de persoas que, con tesón e capacidade, volveron a ver funcionar aquelo que quedou no esquecemento despois de case un século de xigantes avances tecnolóxicos...
Jose Luis Quintela Julián José Luis Quintela Julián (A Coruña, 1968) é licenciado en Física e Ms en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela. MBA en ICADE, Posgrao en Xestión de Entidades non Lucrativas por ESADE e Especialista na Unión Europea pola Universidade de Vigo. Foi profesor asociado nas Facultades de Física e Óptica da USC, impartiu clase de Matemáticas e Física en Bacharelato e traballou no sector privado, no eido da enxeñaría. Foi Director Territorial da Fundación Intermón Oxfam en Galicia, León e Asturias, Director Interino de dita organización en Guatemala e tamén VicepresIdente do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento e secretario da Coordinadora Galega de ONGDs. Traballou como Director de Área de Servizos Sociais no Concello de A Coruña e nesta etapa presta servizos como profesor de Física e Química no ensino público galego, continuando involucrado no terceiro sector na xunta directiva dunha organización coruñesa de inclusión social.