Artigos de Manuel H. Iglesias

O 20D Eleccións Xerais

Os atentados terroristas no corazón de Europa, non así os de Niger que estan sendo esquecidos totalmente, centraron toda ateción informativa nestes últimos días. Foron e son aínda hoxe, a principal nova que enche páxinas e monopoliza a información dos medios. E, o presidente Mariano, vendo as posibilidades de cambiar a súa faccina de persoa distante que escoitabamos mediante un plasma, aproveitou a opoirtunidade e abriu as portas da Moncloa para deixar entrar os chamados a ser líderes nos próximos anos. Incluso asinou co PSOE e con Ciudadanos un pacto anti yihadista, como se ate agora non estiveramos sufrindo e loitando contra do terrorismo incluíndo o Yihadista.

Líderes cos pes na terra

Cando un sector importante da xente que considera que Galicia debe ter unha representación parlamentaria no congreso dos deputados, dado que se aveciñan tempos de reformas constitucionais, e ate de agora, de non ser polos dous deputados do BNG, esta terra estivo ausente como comunidade diferenciada e con problemas específicos e concretos que nunca foron tidos en conta polos diferentes gobernos de Madrid; cando moitos galegos reclamamos xenerosidade para chgar a acordos, percíbese que polas leas personalistas e utópicas reivindicacións que viven fora do maxín do común dos mortais da Galaecia, que non é posible artellar unha lista conxunta para mudar o rumbo da política; polo que, con tal consecuencia, axiña aparece a frustración e o desencanto dos que cren nas potencialidades e que asían a solución dos graves problemas que temos país.

Propostas laborais?

Hai uns días un señor, creo mexicano, prefiro non lembrarme do nome, dicía que había que pasar a traballar menos días á semana, pero ademais falaba de que teríamos que xubilarnos ós setenta e cinco anos, pois había que repartir o curro. Proposta o meu modo de ver contraditoria. Neses mesmos días, unha autoridade da comunidade de Madrid deixaba caer para a reflexión a seguinte pregunta: os doentes crónicos debían estar a cargo da seguridade social sempre?

Mudar a faciana

Feijoo, o presidente da Xunta, decidiu mudar a imaxe do seu goberno. E fíxoo de súpeto, un domingo, cando menos se esperaba. Cesou a conselleira de sanidade, todo un éxito, e aumentou as consellerías, rachando coa promesa que fixera cando chegou á san Caetano. Pois daquela o obxectivo era aforrar custos e reducir cargos, cuestión que non se cumpliu en ningún momento.

Tempo de unidade

Falaron os cataláns e fixérono cunha participación moi alta. Os resultados indican dúas caras contrapostas. Primeiro: o independentismo gañou as eleccións sobradamente pero non superou o 50%. E segundo: a maioría dos cataláns ansían a que se lle recoñezan uns dereitos e blindaxes políticos e económicos que hoxe a Constitución non permite.

Un presidente que dá a nota

A verdade é que cada día que pasa entendo menos as declaracións do presidente da Xunta, pois en Galicia sempre está mudo e fuxindo dos grandes problemas desta nosa terra e agora vai a Catalunya a dicirlle o actual presidente dos cataláns que é o inimigo principal que eles teñen. Manda nabo. Parece que para andar na palestra hai que dar a nota aínda que o desafine sexa moi groso.

Pagar dúas mensualidades?

Cando era presidente do goberno o señor Aznar, vendéusenos, igual que agora, a liberdade de mercado como a panacea para abaratar os prezos da enerxía, dos petróleos e comunicacións. Había que rematar cos monopolios herdados do réxime, pois estes eran negativos e facían que os cidadáns pagásemos prezos moi caros polos produtos que nos vendían. Desa maneira o Estado desfíxose, ou si se quere malvendeu, empresas públicas e quitou o mercado da libre competencia os monopolios neste caso dos carburantes, electricidade e comunicacións. Ate aquela época nada se sabía, por poñer un exemplo, do “deficit tarifario eléctrico” nin se falaba de pobreza enerxética.

Quen manda en Ourense?

Cando nada máis comezar o mandato dimite o número tres dunha lista gañadora, algo indica que as cousas non funcionan con toda a normalidade. E algo sinala que máis que andar o equipo este xa camiña renqueante.