Un presidente que dá a nota

A verdade é que cada día que pasa entendo menos as declaracións do presidente da Xunta, pois en Galicia sempre está mudo e fuxindo dos grandes problemas desta nosa terra e agora vai a Catalunya a dicirlle o actual presidente dos cataláns que é o inimigo principal que eles teñen. Manda nabo. Parece que para andar na palestra hai que dar a nota aínda que o desafine sexa moi groso.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 22/09/2015

Comparte esta noticia
Non sei se aos galegos se nos toma por parvos, ou é que hai un bo montón de gobernantes  que pensan que o son. Porque, cando se vai predicar a outros lugares e se agochan os problemas da casa, pode que   pretendan  que creamos  que  vivimos nun país idílico onde todo camiña moi ben. E iso reflíctese na programación da  nosa televisión  coas súas emisións chocallleiras de comilonas e con moito ritmo de merengue e  cumbia. Eiquí non pasa nada de nada. Todo ben, ou mellor moi ben.
 
Podemos estar dacordo ou non co que fai un político; poderemos estar ou non coas determinacións e manifestacións que fai. Podemos discrepar coas ideas que persegue. Podemos consideralo un adversario.  Pero a día de hoxe declaralo inimigo do seu  propio pobo, parece fora de lugar. Primeiro porque foi elixido polos cataláns para gobernar e merece un respecto. E segundo porque tras del, estéamos ou non dacordo, hai moitos milleiros de cidadáns que o  apoian. 
 
Pero o  noso presidente, sempre calado  nesta terra, sempre fuxindo e acochándose  para non afrontar o graves problemas que temos a día de hoxe, vai cantar a outro poleiro dicindo parvadas. E cando hai asuntos moi serios como o da sanidade e o do leite, tarda tempo en recibir ós gandeiros. Logo, cando xa os tractores están na rúa, dálles boas palabras e dilles que se conformen con esmolas, ou pídelle que abandones as protestas violentas. Vamos que os tilda, pouco menos, que  de terroristas.  Mentres un conflito semellante en Francia merece a atención do presidente da república que obriga a chegar a acordos a produtores e empresas e o asunto arránxase. Pero, nesta terra, somos diferentes. Somos lugar distinto. Que temos un problema serio moi serio no sector primario, o goberno de Feijoo  non  presenta alternativa ningunha. Que temos un problema de despoboación e as aldeas e pobos quedan baleiros; non so anda a Xunta nas pavías se non que se carga a única alternativa que no seu día significou o Banco de Terras. Que o sector leiteiro pasa por momentos moi malos, pois nada, a culpa téñena os gandeiros. Que no hospital de Vigo chove que poñan paraugas.  E claro, así nos vai. E mentres, o presidente, non sabemos en calidade de qué,  si de militante  do PP ou  de autoridade galega, vai a terras catalanas e solta un espiche con desafino total.
 
Isto señores é o que hai. Pero que ninguén se poña excitado, todo vai segundo o previsto. Temos no timón a un gran bedel que obedece as consignas que veñen de Madrid caladamente.  Temos na proa a quen nos guía cara a desaparición como pobo e como comunidade. Viva a telegaita esa que nos alegra a vida con ritmos latinos, gaitas e programas chocalleiros,  que o presidente e o seu goberno, viven noutra realidade social moi diferente á nosa. 
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com