A pregunta poñía en dúbida si a sociedade ten que ser solidaria ou non cos doentes, e polo tanto deben ser atendidos pola seguridade social. Tales afirmacións e propostas lanzadas ó vento poñen en cuestións principios existentes que ate agora na sociedade occidental non estaban en cuestión. Camiñamos, paso a paso, cara un modelo social que, no fondo, ademais de ser sumamente clasista, pretende pór en práctica a caridade como elemento de solución a problemas, e deixa de lado o que debera ser de xustiza. E evidencia que veñen tempos nos que a frase de sálvese que poida e como poida, cada día esta máis de actualidade.
Ben sei, que o liberalismo levado á máxima expresión reclama o deixar facer sen norma e tamén que o Estado liberal quere eliminar todo tipo de intervención solidaria entre as persoas. Quen manda soamente é o empresario, pensan. E para elo cantas menos leis mellor. Agora que se fala de recuperación económica, cuestión que está por ver, decatámonos que ter un emprego xa non é unha forma de vivir. E unha forma de resistir, de ir tirando malamente.
A fonda crise que vivimos no mundo occidental, xunto coa chamada globalización económica pon sobre a mesa novos retos. Pero a nosa sociedade está facéndonos a todos máis insolidarios e egoístas. A substitución das pequenas empresas por grandes multinacionais, e os empresarios familiares por consellos de administración onde, soamente se fala de números e non de persoas, deshumanizou máis o sistema económico actual. O sistema capitalista, con gran esforzo dos traballadores, que tamén son consumidores, trouxo moito desenvolvemento nos últimos cincuenta aanos. Pero chegou o momento da crise, e todos andamos un tanto perdidos sen norte nin sen saber que camiño tomar. E nese contexto tan incerto onde, se non se medra e se consume, a economía e a roda mundial frea e non funciona, parece levarnos a un canellón sen saída. A falla de globalización de dereitos trouxo a fuxida das empresas na procura de man de obra barata. En fin, o mundo neste século XXI precisa buscar solucións que, sen perder de vista a solidariedade, a humanidade e que o centro de toda acción é o ser humano, senten as bases dunha sociedade futura máis xusta igualitaria no básico, e mellor para todos.
Pero as propostas insolidarias, liberais sen control do Estado, clasistas, racistas e mesmo puramente económicas non deben ter cabida nunha dialéctica que se ten que abrir e que debe aportar solucións dende unha filosofía, baseada no humanismo social solidario que preserve os dereitos básicos das persoas.
Por iso, a proposta dese señor o que aludín ó principio e a pregunta da autoridade da comunidade de Madrid, téñenme un tufo rancio que soa liberalismo insolidario e aproveitado.