Líderes cos pes na terra

Cando un sector importante da xente que considera que Galicia debe ter unha representación parlamentaria no congreso dos deputados, dado que se aveciñan tempos de reformas constitucionais, e ate de agora, de non ser polos dous deputados do BNG, esta terra estivo ausente como comunidade diferenciada e con problemas específicos e concretos que nunca foron tidos en conta polos diferentes gobernos de Madrid; cando moitos galegos reclamamos xenerosidade para chgar a acordos, percíbese que polas leas personalistas e utópicas reivindicacións que viven fora do maxín do común dos mortais da Galaecia, que non é posible artellar unha lista conxunta para mudar o rumbo da política; polo que, con tal consecuencia, axiña aparece a frustración e o desencanto dos que cren nas potencialidades e que asían a solución dos graves problemas que temos país.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 27/10/2015

Comparte esta noticia
Que pasa  arredor do  nacionalismo galego que non é capaz de ofertar unha  política convincente que ilusione a milleiros de galegos? Pois que, os personalismos, as contas e facturas pendentes, o apego e devoción a ideoloxías que lastraron a mente de moitos dirixentes que son incapaces de evolucionar,  impiden  chegar a acordos prácticos que nos permitan seguir existindo como pobo con esperanza de mellorar e de ter un futuro mellor dentro do Estado ó que pertencemos.
 
Cabe logo pensar nunha cuestión: cando houbo líderes que andaban cos pes na terra e tiñan asumida a realidade do pais e eran prácticos e audaces, estes foron apartados e culpados do declive electoral, pois considerouse que eran responsables da moderación do nacionalismo galego. E agora xa non hai líderes. Existen persoas que foron, pero que xa tiñan que estar retiradas para reflexionar e deixarlle o paso a outros que encarnan outra xeración de homes e mulleres con ganas de traballar. 
 
Pero a pregunta é a seguinte: se a política e a arte do posible, e nos países democráticos como o noso non hai posibilidade de revolucións e soamente caben as reformas, a que se espera para facer unha unidade de mínimos que nos permita seguir traballando e buscando solucións ós problemas que temos como nacionalidade histórica? O galeguismo no século vinte, cando foi aconsecución do primeiro Estatuto non se aliou estratexicamente con partidos estatais? Pois sí. E perdeu a súa identidade: non.
 
En fin, soamente me resta pedir unidade de obxectivos políticos mínimos,  sempre pondo por diante os intereses xerais do pais, e deixando as leas e outras cousas de lado. Por iso que ninguén con escusas diversas se quede fora, pois é moito o que se xoga Galicia nestes vindeiros anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com