O 20D Eleccións Xerais

Os atentados terroristas no corazón de Europa, non así os de Niger que estan sendo esquecidos totalmente, centraron toda ateción informativa nestes últimos días. Foron e son aínda hoxe, a principal nova que enche páxinas e monopoliza a información dos medios. E, o presidente Mariano, vendo as posibilidades de cambiar a súa faccina de persoa distante que escoitabamos mediante un plasma, aproveitou a opoirtunidade e abriu as portas da Moncloa para deixar entrar os chamados a ser líderes nos próximos anos. Incluso asinou co PSOE e con Ciudadanos un pacto anti yihadista, como se ate agora non estiveramos sufrindo e loitando contra do terrorismo incluíndo o Yihadista.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 24/11/2015

Comparte esta noticia
Parece que o presidente esta a aproveitar ben a situación pois, de antemán, tiña premeditado non entrar apoiando militarmente a querra contra ISIS, polo menos ate que pase o 20-D. Despois veremos.  E, a apertura dun dialogo como estratexia, está a conseguir que  o Sr. Rajoy apareza  diante a opinión pública como unha persoa que escoita, valora e actúa, pois ate parece un home de Estado. 
 
Esta forma de actuar conseguiu desviar a atención dos cidadáns do que fixo o seu goberno durante este periodo de catro anos e que debera ser premiado ou castigado polos electores o 20-D.
 
Nin que dicir que, por moi duro que pareza, os feitos realizados polos terrosristas en París, estanlle a dar ós populares unha bolsa de aire, fronte unha oposición que tiña como principal argumento contra o goberno, falar de recortes e privatizacións de servizos públicos; que tiñan como principal eixo ós malos datos do emprego, a precaridade no mundo laboral e a disminución dos catos  aforrados  na bolsa da  seguridade social. Ademais de pedir  responsabilidades pola corrupción que no PP ven de moitos anos atrás. 
 
Parece logo, que non estamos e precampaña e, a día de hoxe, soamente prima falar de seguridade cidadán. Dá a impresión de que se quere seguir a rentabilizar uns feitos barbaros que a todos nos poñen os cabelos de punta, pero que parecen rendibles para evitar a perda de votos.
 
Agora cando toca falar e lembrar o acontecido nun periodo de catro anos; cando toca falar do lexislado e  das corruptelas de moitos, pero en especial a dos populares; cando toca falar de cousas concretas, pois hai que  apresentar un balance de resultados e tamén escoitar propostas, todo se agocha por mor de  non lle dicir  a verdade crúa dos datos. 
 
Alguén dixo que esta será unha  campaña baseada no medo e na inseguridade. Polo que parece, que todo vai xirar sobre varias ideas: a primeira, repetir cansinamente catro eslogáns basados en datos incomproblables; a segunda, repetir machaconamente varias verdades a medias ou si se quere mentiras ate parecer que son verdades. Por exemplo: estamos mellor que antes e saímos da crise. E treceira: non aceptar debates. E todo isto condicionado a que non haxa outro atentado dentro da UE. Estamos en vísperas electorais e a nosa democracia con estas campañas controladas dende moitos medios e guiadas polo poder establecido, perde. Logo despois do 20-D virán as sorpresas e os cabreos, pero non importa. Os electores logo esquecemos. Que lle imos facer, así é a nosa sociedade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com