Pagar dúas mensualidades?

Cando era presidente do goberno o señor Aznar, vendéusenos, igual que agora, a liberdade de mercado como a panacea para abaratar os prezos da enerxía, dos petróleos e comunicacións. Había que rematar cos monopolios herdados do réxime, pois estes eran negativos e facían que os cidadáns pagásemos prezos moi caros polos produtos que nos vendían. Desa maneira o Estado desfíxose, ou si se quere malvendeu, empresas públicas e quitou o mercado da libre competencia os monopolios neste caso dos carburantes, electricidade e comunicacións. Ate aquela época nada se sabía, por poñer un exemplo, do “deficit tarifario eléctrico” nin se falaba de pobreza enerxética.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 10/09/2015

Comparte esta noticia
Todo ía ser mellor para os consumidores, pois o Estado tiña, e ten, en teoría, o control e sancionaría con axilidade e rigor  ás empresas  que se pasaran facendo trampas ou amaños nos prezos. 
 
Pasados os anos,  xa van máis de dez,  as consecuencias daquela decisión recomendada pola UE, veu  demostrar que de abaratamento nada de nada e que os custos subiron para os cidadáns dunha maneira escandalosa. Ademais, o Estado, nestes asuntos de control, case non existe. As  grandes empresas que funcionaban como  monopolios dividíronse  en partes, en teoría independentes, e chegou a época dos oligopolios que a fin e o cabo controlan os mercados, pactan prezos e no caso da  enerxía, sobre todo a eléctrica, disparáronse dunha maneira que xa se fala de fogares con pobreza enerxética, dado que non dan pagado o que lle supón o recibo mensual da luz.
 
 Agora, facendo populismo, a Xunta de Galicia presidida por Feijoo anuncia que pagaralle dúas mensualidades a aquelas persoas que se atopen con problemas para que non lle corten a luz. Parches, populismo electoral e renuncia á controlar prezos e esixir responsabilidades e o que se agocha tras esta medida.
 
Que logo moi claro, clariño, que o  mantra que repiten todos os ministros  que di: a liberdade de mercado e a competitividade nestes eidos trae redución de custes, empeza a demostrarse que é unha fantasía, ou si falamos musicalmente, unha milonga repetitiva pero tristeira e mentireira. 
 
Por iso, a día de hoxe,  son moitos os cidadáns que pensan, comparan, sopesan e poñen en cuestión que, o cambio dos monopolios ós oligopolios, foi unha fantasía unha gran mentira  que cada día munxe máis a feble economía dos usuarios. Os gobernantes do  Estado e da Xunta non  apostan decididamente pola protección dos consumidores. O seu estilo non foi soamente  deixar facer ás grandes corporacións se non que se aliou con elas. Así se entende que lle queiran poñer un imposto por producir luz con placas solares para o autoconsumo? Alguén o pode comprender?  A caso o sol ten dono? Ademais, si os encoros eran públicos e seguen producir a luz, a que ven tanta carestía no recibo mensual.
 
Comprendo que,  por aquelo de cobrar favores  ó marchar do poder, para ter un posto nun  consello de administración desas compañías, os ministros teñen que actuar como gobernantes compracentes co que indiquen estas grandes empresas. Desa maneira   cobrarás  por non facer ren, e pasarás a ser  asesor nunha desas grandes compañías.
 
 En fin, coa liberalización dos monopolios fomos a peor e agora  Feijoo ven a coa cantinela de pagaralle dous meses ós que non poden pagar a luz.  Loite por atallar o problema dende a base Sr. Presidente e saiba que en Galicia producimos moita enerxía e pagámola igual téndoa preto da casa, que téndoa a mil quilómetros de distancia. Por iso digo, pagámola  igual ou  máis cara que no resto do Estado. Faga algo serio,  defenda ós consumidores  e déixese de tanto electoralismo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com