Quen manda en Ourense?

Cando nada máis comezar o mandato dimite o número tres dunha lista gañadora, algo indica que as cousas non funcionan con toda a normalidade. E algo sinala que máis que andar o equipo este xa camiña renqueante.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 06/08/2015

Comparte esta noticia
E isto foi o que pasou no noso concello. Pois non fixo falla esperar a que se consumiran os cen días que por cortesía se lle dan a todos os equipos que acceden á unha alcaldía. O certo é que o goberno presidido por Jesús Vázquez tivo o seu primeiro revés. O alcalde di que non hai tal cousa e que o asunto é unha cuestión persoal do interesado. Vamos, que nola quere colar, como un tema interno que en nada lle afecta  á gobernanza e á seriedade da lista gañadora na cidade das burgas.   Pero, que  se marche o número tres, non o vinte, dun ha lista que pretende gobernar en minoría o consistorio, non parece unha tontería. Polo que  o asunto non pinta nada ben, e  indica que o grao de comunicación interna  entre os populares non funciona, ou se funciona, nel hai graves interferencias que o dificultan.
 
Todo o mundo sabe que antes de facer unha lista nos partidos, o debate é incluso as tensións son evidentes, pois trátase de buscar ás mellores persoas e que, ademais diso, sexan coñecidas e arrastren moitos votos. Todo o mundo sabe que os comités locais e provinciais aproban as listas antes de mandarllas a instancias superiores. Pois si iso é así, supoño que cando se inclúe a unha persoa relevante  nun  posto de importancia,  os responsables saben quen vai e a situación que  cada quen ten en todos os aspectos. Evidentemente refírome á laboral, económica e incluso pode chegar ate a familiar.
 
Por iso, a dimisión do número tres do goberno municipal chama moito á atención e lanza unha mensaxe.   E nela  está á  deixar claro quen manda. Desta vez todo quedou claro. Manda o presidente do partido que, ademais, manda na institución provincial. E sen mais, asunto concluído. Pero a decisión do concelleiro de marchar por cuestións laborais, tamén deixa claro a falla de respecto cara os cidadáns do concello en xeral e, os votantes que apoiaron ós populares en particular. Pois non é serio, por parte dos actores neste asunto, presidente do partido e concelleiro, non ter reparado no que podía acontecer e de feito aconteceu. Pódese debuxar o asunto como se queira. Pero non parece serio nin responsable.
 
D. Francisco xa ten que cubra o seu posto. E seguro que a persoa que o asuma  traballará  arreo e  farao o mellor posible.  Pero a sombra de que, en política moita xente non é seria xa quedou definida é remarcada. Pois non é sinxelo de explicar por ámbalas partes todo o acontecido. Claro, de non ser que, por asuntos de posibles cabreos ou vendetas,  por  deixación de deberes ou de facerse ver para definir que galo manda no poleiro, desta vez,  pasou o que pasou.  Con todo, diga o que diga o Sr. Alcalde, mal empezan os asuntos na casa consistorial para un goberno en minoría.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com