Artigos de Pedro G.-Valadés

Que por que Daesh non ataca a Israel?

Houbo estes días pasados unha certa controversia nas redes a raiz dun artigo publicado o pasado día 1 de abril nas páxinas dun xornal vigués e asinado polo escritor e colaborador habitual, Xosé Luís Méndez Ferrín. Un artigo no que en conclusión o autor traslada a Miguel-Anxo Murado a seguinte cuestión: ¿Por qué o Estado Islámico non ataca a Israel?.

De viaxes, alforxas e compromisos

Estes días, no debate aberto en Compromiso por Galicia (CxG) a propósito de se este debe integrase ou non nunha marea, candidatura ou fronte, para concurrir ás vindeiras Eleccións Xerais, realmente o único argumento en defensa da integración, é que “Galicia precisa un grupo parlamentar porque na vindeira lexislatura haberá unha reforma constitucional”.

A nosa débeda en Mauthausen

70 anos xa. Setenta. Desde que o campo de concentración nazi de Mauthausen (Austria), fora liberado pola 11ª División dos EE UU. 70 anos dunha débeda de silencio pétreo coma unha lousa que para a nosa vergonza non ten visos de ser reparado. 177 galegos padeceron a brutalidade, a tortura e a morte a mans da barbarie nazi entre o ano 1940 e 1945, sen que sete décadas despois, Galicia teña feito aínda un recoñecemento oficial do sufrimento padecido por estes compatriotas nosos desterrados no fondo da memoria das nosas institucións.

Irán e a crise dos mísiles de Cuba

Cavilando estes días a propósito do affaire nuclear iraniano, do preacordo acadado hai uns días na cidade suíza de Lausana entre Estados Unidos, as potencias do denominado como Grupo 5+1 (os cinco membros permanentes do Consello de Seguridade da ONU: Estados Unidos, Rusia, China, Francia e Reino Unido máis Alemaña) e a república islámica de Irán, e do posible acordo final, veume a cabeza un episodio histórico que con seguridade os norteamericanos aínda pasados xa tantos anos, non esqueceron. Estoume a referir a coñecida como a “crise dos mísiles en Cuba”. Cando no mes de outubro de 1962, os EE.UU, presidido daquela por John F.Kennedy, descubriron que a Unión Soviética estaba a despregar mísiles nucleares na illa do Caribe. Cal foi a contundente e xustificada reacción norteamericana é algo ben coñecido por todos e non cuestionado por ninguén, agás claro por nostálxicos da CCCP.

Eleccións en Israel

A primeira reflexión que debemos tirar das pasadas eleccións en Israel debera ser o mérito excepcional que ten conseguir manter unha democracia exemplar, nun entorno hostil inzado de inimigos conxurados en eliminar a Israel do mapa das nacións. Estas pasadas eleccións xerais en Israel, a XX lexislatura da Knesset (Parlamento) amosan a vital enerxía que após 66 anos desde a independencia do estado é quen de manter institucións homologables democraticamente as sociedades máis avanzadas de Occidente.

No oitavo aniversario de AGAI

Fisterra, alí onde o Imperio romano imaxinaba a fin do Mundo, a milleiros de quilómetros de Xerusalén. Nesta esquina noroeste da vella Sefarad, na periferia máis occidental das Europas, temos desde hai agora 8 anos, dende decembro de 2006 un pequeno balcón sobre Israel.

A resposta que non quixera atopar

Non é normal, aínda que tamén é certo que mentiría se dixera que me sorprende. Porque non é normal en absoluto a reacción que calquera escalada no conflito palestino-israelí suscita entre os nosos medios de comunicación e consecuentemente entre moita xente.

Galicia e os xudeus

A conformación dos pobos e das nacionalidades é produto da sedimentación ao longo do tempo e na terra dos contactos e interrelacións producidas a través dos séculos. Ningunha nación ou pobo, por moi homoxéneo e compacto que poida semellar hoxe, é alleo a isto. Todos, en maior ou menor medida son froito das circunstancias que lles tocou vivir. Galicia, nación atlántica, tamén.