Artigos de Marcelino Fdez. Mallo

O vindeiro goberno galego

O Partido Popular leva a dianteira, como dita a tradición. O seu proceder diario inspírase nun obxectivo permanente, gañar as vindeiras eleccións. Velaí o seu método, o seu xeito de gobernar.

Lumes e lumes

É o tema de cada verán, o deja vu permanente, o debate sen fin, as imaxes semellantes, os discursos iguais... Este ano, se cadra se lles foi a man: as declaracións de Feijóo defendendo a campaña actual como “extraordinariamente positiva” non entraban no guión... ou si.

Galicia cada día menos

Vimos de coñecer os datos comparados da porcentaxe de litoral construída por Comunidades Autónomas en España, uns datos dos que tirarmos conclusións salientables de cara á nova política que precisa o país.

Triste Patria

Patria: terra á que un se sinte emocionalmente vencellado. Patria de pater, padre. Dalgún xeito, quizais, a terra do pai.

Bankia vs NCG

O FROB acaba de comunicar o seu propósito de vender NCG antes de outubro. Os plans respecto de Bankia son xustamente os contrarios o cal chama a atención sendo ámbolos dous casos ben similares.

O Modelo Baión

Alén das conxunturas máis ou menos favorables, a economía galega marca un camiño que semella imparable cara á súa insignificancia tal como reflite a evolución das súas variables demográficas e produtivas. Neste artigo propugnamos seguir o “Modelo Baión” para darlle a volta a tan negros agoiros.

Preferidos e preferentes

Hai uns días, un empregado xubilado recibiu unha coitelada dun home a quen lle vendera un activo financeiro de alto risco. Tamén a semana pasada, atopei unha ex directora de oficina que, segundo me conta, foi denunciada por un ex cliente por similares razóns.

Cataclismo cultural

En Setembro pasado, a CE emitía un documento titulado “Promover os sectores da cultura e a creación para o crecemento e o emprego na Unión Europea”. Nese documento constatábase que a Cultura supuña arredor do 4% do PIB europeo o cal trasladábase en valores similares ó emprego: uns 8 millóns de traballadores sobre os máis de 200 millóns totais.