Artigos de X.A. Pérez-Lema

Precisa Galicia dun imposto turístico?

O turismo constitúe xa unha das principais actividades económicas na Galicia, achegando 5M de visitantes (case dous visitantes por residente) que inxectan na nosa economía uns 6.400 M€/ano, o 11% do noso PIB. Cómpre asumirmos esta realidade. Mais por mór das nosas deficiencias á hora de captarmos turismo de fóra da península ibérica (pola falla de marca-país de noso e polas deficiencias do noso sistema aeroportuario) obtemos só unha media de 2,4 pernoctas fronte ás 3,5 á 4 doutros destinos no Estado e na Europa. O repto é o de acadarmos a sostibilidade turística, medrando máis o gasto por visitante.

Pedro Sánchez insulta a nosa intelixencia

Co balbordo éste da fracasada ou-seica- interrupta investidura comentouse ben pouco a proposta enunciada no seu programa como candidato parlamentario polo Presidente en funcións do Goberno do Estado, de reforma do artigo 99 da Constitución para investir directamente ao candidato máis votado nas estatais. A tal reforma sería unha mutación constitucional fulcral que atentaría contra a liña medular da gobernanza do Estado na Constitución actual, baseada na proporcionalidade entre número de votos e de deputados (bastante deturpada, porén, pola Lei D´Hondt) e máis a soberanía parlamentaria.

Si. Son presos políticos

Se calquera xurista espelido e neutral lle bota unha ollada ao Código Penal vixente (CP) e analisa os termos das acusacións perante o Tribunal Supremo (TS) contra os presos soberanistas cataláns e demáis acusados no seu proceso, só albiscará pegadas do delicto de desobediencia ao Tribunal Constitucional (556.1 CP; multa ou cárcere de tres meses a sete meses e medio se non hai agravantes) nos membros do Govern e na presidenta do Parlament, Carme Forcadell. Canto aos Jordis, non se albisca delicto ningún.

Disaster Johnson

Boris Johnson, antigo alcalde de Londres (2008-2016), acadou a xefatura dos conservadores británicos logo dunhas primarias nas que xuntou a maioría do grupo parlamentario e máis dous terzos dos votos dos 160.000 afiliados, nun 75% homes en un 97% da raza caucásica. De contado foi nomeado prime minister pola raíña Elisabeth e formou un goberno dos seus seareiros, de brexiters radicais, enchendo os principais ocos do Consello de Ministros, baleirados pola demisión dos colaboradores de Theresa May e David Cameron que non querían aturar o previsíbel extremismo antieuropeísta do Johnson.

O atraso tecnolóxico de Galicia

Non é casualidade que o noso País estea atrás de todo no ranking dos territorios europeos máis abertos á Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i). Ocupamos o 190 lugar, moi lonxe de Norte de Portugal e mesmo das demáis rexións portuguesas que están a vivir un proceso de potente aceleración tecnolóxica. Malia que eles contan con alguna desavantaxe fronte a nós (menos titulados superiores) están no mapa tecnolóxico europeo. Nós non.

Espionaxe no Ministerio

Josep Borrell ten unha traxectoria controvertida, como político e como cidadán. Tivo que demitir como candidato do PSOE ao goberno do Estado no 1999 por mor da súa culpa in eligendo e grande proximidade persoal a respecto do corrupto Josep María Huguet (inspector-xefe da facenda estatal en Catalunya canda Borrell secretario de estado de facenda), condenado a case sete anos de cárcere por varios importantes subornos.

Un proxecto de País, un proxecto social

Falta no galeguismo político un proxecto de país que, ao tempo, constitúa un proxecto para as maiorías sociais, como si existía no Partido Galeguista no 1932-1936 e no BNG nos 1997-2009. Ou, na actualidade, no PNV, no escocés SNP ou no galés Plaid Cymru.

Todas nós somos a capitá

A capitá do buque Sea Watch 3, Carola Rackete, ven de ser prendida pola Guardia di Finanza na illa extremeira da Lampedusa, baixo unha desaquelada e inxusta acusación do Fiscal de Agrigento (Sicilia), o Luiggi Patronaggio, quen acusou dun delicto de resistencia e violencia contra nave de guerra a unha capitá que apenas cumpriu co seu deber.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.