A programación comeza o sábado 5, día no que estará Treixadura en concerto na carballeira, e o resto de actividades alongaranse ata o 13 de novembro. A tradicional feira cabalar será o día 11, e destacan tamén a 'Refeira' e un 'magosto reivindicativo' polo XX aniversario do Prestige os días 12 e 13 respectivamente.