Teo celebrará este venres o 'San Martiño' na carballeira de Francos

Segundo o Concello de Teo, a 'Feira do San Martiño' ten máis de 500 anos de historia e segue a ser un dos referentes de Galicia como Feira Cabalar.

Por Galicia Confidencial | Teo | 10/11/2022 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

A Feira do San Martiño de Teo, evento festivo de máis relevancia no concello, é considerada unha das feiras máis antigas de Galicia. Con máis de 500 anos de historia segue a ser unha feira cabalar de referencia e mantén como lugar de celebración a carballeira de Francos en Calo.

Cabalos na Feira do San Martiño de Teo. Foto: Web do concello.
Cabalos na Feira do San Martiño de Teo. Foto: Web do concello.

O evento popular, un dos grandes do outono galego, mantén os elementos das feiras tradicionais de antes –mercado, romaría popular, polbeiros/as, tratantes de gando, cegos, etc-- e atrae a numeroso público, gran parte del relacionado co mundo ecuestre.

PROGRAMA PARA O 11 NOVEMBRO

Haberá feira cabalar e mercado tradicional durante todo o día, ademais de exposicións de razas equinas e de gornicións na carpa municipal.

Tamén contempla o programa funcións con música e espectáculos en directo para público familiar ao longo da xornada na Barraca de Barriga Verde.

Exposición Ollares Feira San Martiño
Exposición Ollares Feira San Martiño | Fonte: Teo

Pola tarde, a partires das 18:30 h., actuación itinerante por toda a carballeira do animador tradicional Cé Pantasma.

REMATE DO SAN MARTIÑO

De cara á fin de semana, e dentro da programación do San Martiño teense deste ano, lembrar que o sábado 12 ás 21:00 h. terá lugar a coñecida como ‘Refeira’ na que destaca o concerto que ofrecerá Boyanka Kostova; e o domingo 13 celébrase o ‘Xo, San Martiño!’, un magosto reivindicativo a cargo do activista artístico Carlos Santiago co gallo do vinte aniversario do afundimento do ‘Prestige’ en augas galegas e o nacemento do movemento social ‘Nunca Máis’.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta