Efectivamente, tal como afirmamos no enunciado desta colaboración, aquela institución xurídica e territorial, que elixía os seus cargos representativos por sufraxio universal en tempos de monarquías absolutas, semellaba ser unha lenda. Coa decida intervención duns amigos evitamos que o que podería derivar nun conto da tradición oral é hoxe unha páxina histórica na súa acepción canónica.
  comenta   0
Realizan actividades etnográficas e culturais que teñen como obxectivo recuperar historias, tradicións, oficios, saberes, lendas e o folclore da zona.
  comenta   0
Queixouse algunha vez don Ramón Otero Pedrayo de que non se traballasen a rego tanto os arquivos galegos como os de fóra de Galicia. Tiña o convencemento de que neles estaba adormecida boa parte da memoria histórica.
  comenta   0
O Instituto de Estudos do Territorio converte á protección da paisaxe no elemento determinante para rexeitar este proxecto.
  comenta   0
Os afortunados son Fernando Venancio, Ángeles Huerta González e Mario García Gómez.
  comenta   0
En 1986 morría na Fontaneira (Concello de Baleira) Florencio López Fernández, máis coñecido polos apelativos de “Florencio da Fontaneira” e “Cego dos Vilares”. Pasou toda a súa vidade desde neno percorrendo feiras e romaxes da contorna da montaña luguesa, cantando romances da súa autoría acompañándose dun violín que aprendera a tocar bantante ben, por certo, cun músico.
  comenta   0
O pasado ano a Asociación de Amigos do Couto Mixto acordou fundar a Academia das Ciencias Sociais daquel singular territorio que preside o historiador don Luís M. García Mañá e dirixe o profesor da Universidade de Vigo don Xosé Manuel Cid Fernández. Esta nova entidade vén completar e compartir o labor realizado desde hai máis de vinte anos pola Asociación de Amigos do Couto. A súa función será aglutinar a personalidades relevantes de aquén e alén da raia en todas as disciplinas da investigación.
  comenta   0
A semana pasada coincidiron no mesmo día e hora dúas celebracións arredor do coñecemento da memoria do Couto Mixto. Nun, a antropóloga Paula Godinho participou no “Congreso Internacional da Fronteira Hispano-Portuguesa: pessoas, povos e palavras” cun relatorio titulado “Memoria do Couto Misto: fronteira, liminaridade e condiçao cosmopolita”; noutro, Mario García, deputado do PSC, de oríxes arraianas, concretamente de Randín, onde ten “casa aberta con fume”, pedía o recoñecemento oficial do Parlament de Catalunya para o Couto Mixto.
  comenta   0
O novo complexo eólico proxectado por Iberdrola sitúa as máquinas a 600 metros do Parque Natural do Xurés e no interior da Área de especial interese paisaxístico Serra da Pena-O Couto Mixto.
  comenta   0
A plataforma Stop Eólicos Xurés- Celanova denuncia que o vial de acceso á central eólica atravesaría un bidueiral de rexeneración natural e mesmo podería desecar os mananciais que alimentan á fonte.
  comenta   0
O profesor Américo Rodríguez é o autor dunha colaboración publicada no Boletim Cultural de Melgaço titulado “Refugiados e guerrilheiros antifranquistas em Castro Laboreiro (1936-1943)”, na que debulla migalleiramente as vicisitudes de moitos galegos que fuxiron do terror do fascismo no ano 1936.
  comenta   0
Releo as memoria de António Fontes escritas por Eugénio Pintos. Fala nelas o Padre Fontes das vicisitudes vividas polos moradores dunha doutro lado da raia seca na súa loita pola supervivencia. Xentes que tiñan como medio de vida traficaren con produtos que escaseaban alén e aquen, intermediarios que levaban unha pequena parte do que custaban as mercadorías. Lembro agora as vivencias que tiven nas moitas veces que andei por Tourén, Pitôes das Júnias, Vilar de Perdizes, Cambedo, Soutelinho e Lamadarcos, e tantos outros pobos do Barroso e Tras-Os-Montes.
  comenta   0
Vai para máis de vinte anos que fun visitar as estremeiras terras da raia seca na baixa Limia. Ali houbo unha entidade territorial con personalidade xurídica de seu que tiña as súas oríxes na idade media. Chamábase Couto Mixto. Un protectorado das casas nobiliarias de Bragança e Monterrei, coas mesmas peculiaridades políticas de Andorra.
  comenta   0
A ambivalente relación co país dos galegos no exterior.
  comenta   0
José Rodríguez Cruz é o autor dun novo libro publicado por Edicións Laiovento co seuxerente título de “Couto Mixto. Aspectos folclóricos”.
  comenta   0
Os habitantes dos pobos de Santiago, Rubiás e Meaus tiñan o privilexio de escolleren a nacionalidade portuguesa ou española. No día do casamento, os que querían ser portugueses bebían un copo de viño na honra do rei de Portugal e mandaban gravar na casa de morada un P (Portugal); os que preferían a nacionalidade española mandaban brindar polo monarca de España e gravaban un G (Galicia) na casa para onde ían vivir.
  comenta   0
A Asociación de Amigos do Couto Mixto solicitará á Xunta que declare esta comarca como Territorio Histórico amparándose na nova Lei de Patrimonio Cultural.
  comenta   11