Genaro Da Silva, de Biosfera Consultoría Ambiental, conta ao Galicia Confidencial como tiveron que trasladar o hábitat enteiro desta bolboreta "cun ciclo biolóxico moi delicado" a outro lugar para poder preservala. Trátase da 'Maculinea alcon', unha bolboreta que se aproveita das formigas para alimentarse no súa etapa como eiruga.
  comenta   0
Chama a ter coidado coa masificación das praias, pois ao pisar os pellets poden introducirse máis na area. Tamén di que, ao angazar os areais, pódese destruír o hábitat de moitos animais, aínda que os voluntarios traten de organizarse. "Evidentemente os voluntarios fano por ben, pero deben ter moito coidado", alerta.
  comenta   0
En Galicia hai nove especies, sete son cóbregas totalmente inofensivas (a excepción do cobregón galego, de baixa perigosidade) e dúas son víboras, con veleno, pero que non buscan entrar en conflito co ser humano. Iso si, ante unha picadura, un experto recomenda non chupar nunca a ferida nin facer torniquetes.
  comenta   0
Adega advirte de que se atopa a menos de tres quilómetros do niño dunha das únicas seis parellas de aguia real que hai en Galicia
  comenta   0
ADEGA, FEG, G.N. Hábitat, SGO, SGHN e Verdegaia lembran a importancia de Galicia como lugar de paso de numerosas aves xa que está nun dos embudes de paso do Atlántico denominado “East Atlantic Flyway”, a ruta migratoria das aves que dúas veces ao ano voan desde o oeste de África ao norte de Europa e áreas próximas.
  comenta   0
Son Adega, Amigos da Terra, Asociación Galega de Custodia do Territorio, Verdegaia, Grupo Naturalista Hábitat, Sociedade Galega de Historia Natural e Sociedade Galega de Ornitoloxía.
  comenta   0
"Favorecerán a cobertura forestal, a captación de carbono e a protección do chan dos montes e a creación de emprego local", din desde LIFE Oso Pardo.
Os ecoloxistas din que, segundo datos oficiais, dende o ano 2014 téñense matado no espazo natural protexido da Limia a 3.870 rulas "deteriorando severamente a súa poboación nun dos poucos enclaves galegos nos que aínda atopa un hábitat axeitado para procrear".
  comenta   0
Os ambientalistas cren que a extinción total do lobo pode provocar danos irreversibles no hábitat. Un deles a proliferación de animais salvaxes que podan transmitir enfermidades ao gando. Este animal foi un elemento importante na historia de Galicia e a restauración de antigos foxos de lobo en Galicia demostra que arredor del se tecían lazos que fortalecían a comunidade agraria.
  comenta   0