A deputada socialista Patricia Iglesias acusou á Xunta de levar a cabo unha "xestión nefasta" do ámbito eólico, baseada en "présas", apuntando que "se autorizaron máis parques eólicos no último ano que nos últimos 10". O PP asegura que "en Galicia temos o recurso e temos que aproveitalo".
  comenta   0
A maioría dos autónomos de Galicia teñen unha idade "moi avanzada"; o 40 % dos traballadores galegos por conta propia supera os 55 anos. "Estamos ás portas dun cambio xeracional que temos que ser capaces de levar a cabo", apunta Eduardo Abad, presidente da Unión de Traballadores Autónomos (UPTA).
  comenta   0
A unión de autónomos critica a "incapacidade de determinados gobernos locais" e advirte que hai en Galicia 22.000 pequenos negocios "en risco".
  comenta   1
A Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA) lembra que isto supón unha fraude ás arcas da Seguridade Social, xa que se deixan de ingresar miles de euros.
O sector do traballo autónomo reclama cambios tanto de fondo como de forma. Existen unha serie de necesidades como son cambios nos tramos de cotización, no acceso a subsidios de desemprego e xubilacións dignas. Outros factores que ven necesarios son a formación en áreas específicas e sobre todo a dixitalización do sector, punto este que parece irse introducindo moi lentamente.
  comenta   0