A Sociedade Galega de Xeriatría demanda profesionais e máis residencias. Di que as prazas son escasas e pide atender a "vontade" do colectivo no novo modelo de coidados. A Xunta defende o seu sistema e insite que tamén a Fundación Amancio Ortega está construíndo residencias nas cidades.
  comenta   2
O pazo que actualmente acolle o xeriátrico foi posto á venda nun portal inmobiliario. O Concello de Cambados valorou "con moita preocupación" o anuncio. "Para nós é unha moi mala noticia", indicou o alcalde, Samuel Lago, quen expresa, ademais, que o desexo do Concello é que o inmoble permaneza en mans públicas.
  comenta   0
Propón a administración inmediata da terceira dose da vacina contra o coronavirus entre as persoas maiores que viven en residencias en todos os casos en que transcorresen seis meses despois da segunda dose, especialmente entre as persoas maiores de 80 anos.
  comenta   0
"Deste xeito, xa está vacinado o 100 por 100 do persoal e dos residentes da práctica totalidade das residencias da Comunidade", asegura o Goberno galego.
  comenta   0
Os pacientes que se viron afectados estaban ingresados no servizo de Xeriatría por outras patoloxías, aínda que tras detectarse un primeiro caso de COVID localizáronse varios máis.
A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría pide reforzar a información pública para "tranquilizar" a sociedadde, sobre todo as persoas maiores.
  comenta   0
Sitúa a recuperación en Galicia a metade de 2022 e reclama ao Goberno un trato "asimétrico" para "utilizar a débeda" en investimento "expansivo" Recalca que non comunicar síntomas do COVID é "incumprir a lei" e apela á "colaboración" de quen "reciban" ou "aluguen" a visitantes
  comenta   0
Expertos relacionan o envellecemento acelerado da poboación en España coa crise sanitaria causada polo coronavirus, advirten da especial vulnerabilidade dos maiores que viven en residencias e piden que non se apliquen criterios utilitaristas para excluír anciáns dos ingresos en UCI.
  comenta   3
DomusVi é o caso prototipo do negocio dos maiores en Galicia. Algúns familiares teñen presentado denuncias por falta de atención aos pacientes e mesmo un caso de morte pendente de xuízo. E mentres, a presidenta deste holding en España recibía recentemente un premio da Xunta pola súa política de expansión do negocio. Familias denuncian a súa amizade con dirixentes do PP, incluido o propio Feijóo.
  comenta   2