Por X.M. Fernández | Viana do Bolo | 10/08/2019 | Actualizada ás 17:05
O programa de festas do Concello de Viana, confeccionado por unha comisión conformada pola concelleira de cultura, Graciela Diéguez, e representantes do sector hosteleiro, aposta por moitas e variadas actividades. Entre elas destacan o maratón de fútbol sala “Vila de Viana”, actividades de lecer para todos os públicos, moita música e ata un desfile de moda a cargo do deseñador local Jorge Álvarez, finalista do programa “Maestros de la costura”.
Hoxe, 10 de agosto o protagonismo total é para a música. A partir das 20:00 h. terá lugar a XIV Mostra de Corais organizada polo Orfeón Vianés e no que participan a Coral Polifónica de Lalín, o Coro de Cámara Club Artístico de Ribadavia e, como non, o Orfeón Vianés. A continuación, música para os amantes das bandas galegas dentro do Xostra, un festival que chega á súa quinta edición e trae a Viana aos Festicultores, Familia Caamagno e Guezos.
Mañá domingo 11, chegan as Xornadas de Folcklore Internacional en colaboración coa Deputación de Ourense nas que actuarán tres grupos que chegan de Bolivia, México e Serbia.
O luns 12 actuará a orquestra América, e para o martes 13, día da Feira de Viana, haberá pola tarde un mercado de produtos autóctonos desta época e pola noite, un ano máis, a Festa dos Oitenta coa actuación da “Edad de Oro del Pop español”.
Na recta final das festas, mércores 14, xoves 15 e venres 16, actuarán as orquestras Costa Dorada, La Estación e Gran Casino, respectivamente; o sábado 17, pechando o cartel deste ano, amenizará a disco móbil Pablo Hervella.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.