Caballero saca peito cos presidentes provinciais socialistas e advirte que o PP é Vox

"Hai un exército de cambio disposto a traballar por unha Galicia que necesita modernización, avance e progreso", dixo o líders socialista.

Por Galicia Confidencial | Com | 01/09/2019 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

O secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de montar un "teatriño" ao redor do financiamento autonómico e a débeda do Estado coas comunidades. "Os galegos sabemos que mentres en España haxa un Goberno socialista o financiamento das autonomías está garantido", asegurou este domingo Caballero en declaracións aos medios despois de reunirse cos presidentes das tres deputacións galegas gobernadas polos socialistas: Carmela Silva (Pontevedra), José Tomé (Lugo) e Valentín González Formoso (A Coruña).

"Todo o teatriño que fai Feijóo non é necesario porque outras comunidades sen ningún tipo de teatrillo van ver como chegan os fondos para todas as autonomías. Se hai Goberno de aquí a finais de setembro a primeira decisión do Consello de Ministros vai ser actualizar as entregas a conta", destacou o líder do PSdeG.

"Se en España hoxe gobernase Casado con VOX estarían a recortar o Estado das autonomías, estarían a eliminar financiamento autonómico, estarían a lle quitar competencias estatutarias a Galicia. Ese é o cinismo e hipocrisía do Partido Popular", afirmou Caballero.

Ademais, incidiu en que, "en calquera escenario, traballaremos para no tempo máis curto posible dotar ás autonomías do que lles corresponde e do que os socialistas somos a única garantía para o financiamento autonómico", engadiu. "Sabemos que hai un Goberno en funcións e que non hai orzamentos, pero o que nos ten que responder Feijóo é por que votaron en contra duns Orzamentos Xerais que dedicaban 7.000 millóns de euros máis ao financiamento autonómico", reprochou ao presidente da Xunta.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, xunto cos presidentes socialistas das deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, xunto cos presidentes socialistas das deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra

FUTURAS NOVAS ELECCIÓNS?

Sobre a formación de Goberno, Gonzalo Caballero fixo un chamamento a todas as forzas políticas para que sexan corresponsables"."Non hai ninguén -afirmou- que dea un paso adiante para poder presidir o Goberno se non é Pedro Sánchez; por tanto todas as forzas políticas deberían de entender que o boicot e o bloqueo por causas de interese particulares non están na liña do que interesa á maioría e deberían posibilitar que o proxecto de goberno que logrou o maior apoio nas últimas eleccións xerais".

"En calquera escenario estamos preparados se hai convocatoria electoral", subliñou o secretario xeral do PSdeG. Caballero criticou tamén o "fracaso" de Feijóo en todas as súas políticas, e no ámbito municipal indicou que "o único exemplo" que pode presentar o Partido Popular é o caso da cidade de Ourense. "Jácome é o alcalde que pode mostrar Feijóo das grandes cidades como exemplo das súas políticas municipais. Vaia esperpento entre Feijóo e Jácome que están a facer en Ourense", exclamou.

Por último, avanzou que o PSdeG "ten as condicións para alcanzar un proxecto maioritario en Galicia" e acusou a Feijóo de querer trasladar á poboación a idea de que na comunidade autónoma "ou goberna Feijóo ou é o caos, pero o caos é el", afirmou. "Hai un exército de cambio disposto a traballar por unha Galicia que necesita modernización, avance e progreso", incidiu Caballero.

Gonzalo Caballero nun mitin
Gonzalo Caballero nun mitin | Fonte: PSDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

por iso Abel Caballero négase a recibir ao comité de Vulcano ? Pechar astaleiros é unha boa práctica da que saben moito os sociolistos, dende a "reconversión naval" ata hoxe... Se os traballadores de Vulcano puxeran luces de Nadal nas grúas igual tiñan algunha oportunidade de seguir a facer barcos GRATIS coma está a suceder en Barreras? Pero García Costas é íntimo amigo de Abel Caballero e así andamos... Se chegan a gobernar os "sociolistos" todos imos a vivir en Toralla ou na Illa de Arousa e sacaremos selfies dos solpores para pillar followers en Instagram ¿non si?