Cita coa artesanía en Allariz

O casco histórico da vila acolle este domingo, 8 de setembro, unha nova edición do Mercado de Artesanía “Arte de Man”.

Por X.M. Fernández | Allariz | 07/09/2019 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Na edición deste ano contarase coa presenza de 30 artesáns e artesás galegos/as e os escenarios principais do evento serán a Praza Maior e Praza de Abaixo en horario ininterrompido de 11:00 h. a 20:00 h.

Escultor traballando a pedra. Foto: Concello de Allariz
Escultor traballando a pedra. Foto: Concello de Allariz

Arte, deseño, artesanía e tendencia definen o "Arte de Man" deste ano, unha cita que ofrece exposición e venda de distintas disciplinas artesas tradicionais como a pintura, escultura en pedra, cerámica, coiro  ou gravado entre outras, coas máis innovadoras artes en decoración, téxtil ou xoiería.

A xornada completarase con varios obradoiros, gratuítos e para todos os públicos, de cestería, encadernación, caricaturas ou encaixe de palillos. Realizaranse na Praza Maior e Praza de Abaixo e a continuación detállanse horarios.

Obradoiro de caricaturas con Vaia Cara Caricaturas: De 12:00 a 14:00 pola mañá e de 18:00 a 20:00 h. pola tarde.

Decoración de botellas con vimbio: De 11:30 a 14:00 h. pola mañá e de 16:30 a 20:00 h. pola tarde. Imparte este obradoiro a Escola de Cestaría Santa Mariña de Augas Santas.

Obradoiro de encaixe de palillos a cargo das Palilleiras de Ourense: De 11:30 a 14:00 h. pola mañá e de 16:30 a 20:00 h. pola tarde.

Encadernación de 'cosido simple': 17:00 a 18:30 h. A cargo de Ilustración Luchy Polo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta