Común da Esquerda afirma que a "verdadeira trama dos lumes" é a "complicidade de Feijóo co lobby empresarial"

Denuncia que a política forestal continúe sometida aos "intereses de empresas privadas" que "fan grandes negocios co PP".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2019 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

O Grupo Común da Esquerda asegurou este luns que a "verdadeira trama dos incendios" en Galicia é a "complicidade" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, co "lobby empresarial" que dita a política forestal. Así o manifestou a deputada Luca Chao despois da vaga de lumes que nas últimas xornadas arrasou en Galicia máis de 1.100 hectáreas.

Lume no cemiterio en Nigrán, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Lume no cemiterio en Nigrán, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: © Miguel Núñez.

A parlamentaria autonómica, que agradeceu o traballo a todos os equipos de extinción e emerxencias, lamentou que esta "penosa situación" vaia "seguir repetíndose se o Goberno do PP non toma en serio abordar un cambio de políticas".

Segundo Luca Chao, este cambio debe ser "de profundo calado en todas as políticas rurais: na política agraria, gandeira forestal e ambiental". "Mentres isto non ocorra, o noso país, tal e como alertan todos os informes realizados na materia, seguirá ardendo ano tras ano, deixando tras de si terribles consecuencias", indicou.

"URXE ACTUAR"

Luca Chao incidiu en que "urxe actuar, pero non a golpe de titular de prensa nin de chibo expiatorio". "A cuestión dos incendios forestais en Galicia é un problema complexo, que como tal require solucións complexas, políticas a medio e longo prazo, diálogo e participación social", indicou.

Neste sentido, considerou que "falar de tramas incendiarias ou centrarse unicamente nos equipos de extinción é unha irresponsabilidade máis do Goberno de Núñez Feijóo".

E é que para a parlamentaria, o líder da Xunta, "en lugar de asumir a súa responsabilidade en canto presidente do goberno, en lugar de instar as forzas políticas a un pacto ambiental de futuro, trata de enredar con chibos expiatorios absolutamente falsos".

DESPOBOAMENTO DO RURAL

Fronte a iso, avogou por situar o foco en "o despoboamento do rural, a deficiente ordenación territorial, a invasión de especies non autóctonas e de combustión rápida e explosiva e a precarización dos servizos contra o lume".

"De querer frear de verdade os lumes, o primeiro no que cabe centrar a análise é no estado no que se atopan os montes do país", asegurou Luca Chao, que considera que "despois de anos de monocultivo irresponsable de eucalipto" o bosque galego atópase cunha "enorme masa combustible de especies pirófitas".

Así, lamentou que a política forestal continúe sometida aos "intereses de empresas privadas" que, na súa opinión, "fan grandes negocios co PP". "Feijóo insiste en aumentar a masa incendiaria mentres todas as recomendacións din o contrario", apuntou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 bxzj

1º) Non á Xunta quen pranta eucaliptos, senón os propios galegos. 2º) A " enorme masa combustible dos bosques galegos" non arde, na inmensa maioría das veces senón hai xente que lle prende lume. 3º) Mentres haxa pirómanos, vai haber seguindo habendo incendios, por moi outra política que poida haber. 4º) Os pirómanos concentran a sua actividade en época de seca, de vento forte, e de noite: eso non é " consecuencia" de nengunha política, senón una acción dirixida a causar o maior daño posible.

1 Buceta

1) A Xunta promove e facilita a eucaliptización. 2) Arde por que lle prenden, por accidente e por causas naturais. 3) Con ou sen pirómanos vai arder (accidentes e naturais), o problema é atallalo (con eucaliptos, imposible). 4) A política da Xunta é a aliada perfecta dos pirómanos, pois está dirixida á eucaliptización, por intereses evidentes (política de amigos).