Artai, neno de 11 anos galegofalante: "Os que falan castelán tamén están politizados?"

Chámase Artai Miragaio. Ten 11 anos. Naceu e vive no barrio da Agra do Orzán, na Coruña. Estuda 6º de Primaria e 4º de clavecín no Conservatorio Profesional de Música da Coruña. Ten unha canle en Youtube na que vai narrando o seu día a día como galegofante. E nesta entrevista conta as súas impresións..."Vexo o futuro do galego moi mal", asegura.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 23/09/2019 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

- Por que decidiches poñer en marcha Canal Artai, unha canle en Youtube?

Artai, neno galegofalante que conta a súa experiencia nunha canle de Youtube
Artai, neno galegofalante que conta a súa experiencia nunha canle de Youtube

Comecei hai tes anos ao comprobar que na televisión non había nada que ver interesante. Pensei que a mellor forma de facer unha televisión á miña maneira e en Galego era un canal de youtube. Collín o computador e fixen o canal. A miña intención era crear un canal de youtube en Galego, que neste momento pode haber só 50, mentres que noutros idiomas hai millóns.

- Nel tentas falar da túa experiencia como un neno galegofalante. Hai moitas dificultades para que os nenos da túa idade falen en Galego?

Hai, comezando porque á maioría das familias galegas non lles importa o Galego e iso afecta negativamente moito. E hai moitos avós, avoas, pais e nais que son galego falantes e aos seus fillos/netos non lles falan en Galego. Por outro lado, nas escolas e colexios, sobre todo os concertados,  non dan as materias que deberían en Galego.

- Como é a relación que tes cos teus amigos e amigas. Son todos e todas galegofalantes?

Artai Miragaia, un rapaz galegofalante
Artai Miragaia, un rapaz galegofalante | Fonte: remitida

Eu lévome normalmente ben con todo o mundo. Non, ao contrario,  son castelán falantes na gran maioría, menos algunha excepción.

- E os que falan habitualmente en castekán, tentan cambiar a galego cando están contigo?

Non normalmente. Raro que cambien.

- Decidimos contactar contigo logo de ver o famoso vídeo no que dicías que os nenos que falan en castelán son “analfabetos na nosa lingua”. Cres realmente que non saben galego?

Moitos de eles non saben falar nin escribir en Galego minimamente, porque non o aprenden ben nas escolas nin as familias se preoupan diso. Como moito enténdeno.

- E por que cres que se dá esta situación? Quen é o responsable disto?

A sociedade galega que non lle dá importancia á lingua nin á cultura propia.

- Supoño que na túa vida diaria tentarás convencer á xente do fermoso e útil que é falar en galego. Como o fas?

De primeiras, falándoo. En segundo lugar, tentando convencer à xente da súa utilidade e do perigo de que desapareza.

- E tes éxito? Hai quen cambie e decida falar en galego?

Non, é moi difícil ter éxito e mudar unha sociedade con esa mentalidade.

- Que pensan os teus profesores da túa postura lingüística?

Nunca se manifestaron nin a favor nin en contra, menos dous que si me apoiaron.

-Tras publicar a noticia no GC, houbo xente que comentou que estabas “moi politizado” e que iso era, en parte, responsabilidade dos teus pais. É isto certo?

Non creo que defender a lingua propia sexa estar politizado. Tamén entón poderíamos dicir que os que só se expresan en castellano están moi politizados?

- Falabas de que estiveches de vacacións en Cataluña e alí todos falaban catalán. Como foi esa experiencia?

Moi boa. Nótase que é unha sociedade moi diferente á nosa. Teñen moito agarimo á súa lingua, cultura e país.

- Sentiches envexa?

Sentín moitísima envexa.

Falaches con algúns nenos ou nenas sobre a situación lingüística de Galicia e Cataluña?

Non, aínda non, pero non estaría mal.

- Onde cres que poderías vivir sen que ninguén teña complexos falando en galego?

Eu non teño complexo por falar en Galego, todo o contrario. Falo en Galego, pero tamén podo falar sen problema en Castelán. En Portugal ou nalgunha aldea galega habería menos dificultades.

- E como ves o futuro do galego para os nenos e nenas da túa xeración?

Moi mal, nas cidades galego é rarísimo atopar un neno ou nena galegofalante, e no medio rural, cada vez van a menos.

- E algún consello para mellorar a situación actual?

Falarmos en Galego sen complexos e desfrutar da nosa cultura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 57 comentarios

16 galegoexiliado

Pois a min non me preocupa moito que na escola se fale o idioma Galego ou o dialecto castellano, mais sempre dixen que tamén se deberían impartir clases de Acento Moranco pa que os castellanomalhablantes non se avergoñen cando os madrileños da Capital se lles rían na cara polo seu acento galego, e a sua orixe galega,do que eles tanto se avergoñan.

15 Xan d

Moi mal anda a bloqueirada que necesita nenos soldado

1 Algoqueverconxandasbolas?

Outra vaca no maínzo! Hahaha Que chiste! Nenos soldado adoutrinados para servir en "Gloriosa Legión Española"! El chinchón en exceso hace mucho daño. Hahaha

14 toño

miña nai...como se poñen alporizados os españois excluíntes, imperialistas e galegófobos porque alguén lles conte a realidade que eles queren negar.

1 nostrus

Españoles excluyentes sois los que despreciais a una de las lenguas de Galicia

2 uu1

Nostros tem razão por uma vez, excluíntes são os que desprezam a língua da Galiza usando uma língua alheia num dos poucos meios na nossa lingua.

13 Loreto L

Que rapaz máis lindo para ser concelleiro de xuventude e normalización lingüística.

12 Currelante

Será que se citan ou son incentivados os retrógrados para defecar aquí? Raro, raro... Non esconden o ideal supremacista aplicado á cultura: 'útil', 'atrasado' e 'artificial'. O máis ridículo e o analfabetismo funcional: "el español es lengua propia de España", ignorando que está a falar do que sempre se chamou --e por lei chamamos-- castelán, que evidentemente é natural e propio de Castela! E imposto aos outros territorios! E nin un cento de fascistas manipulando van poder alterar a verdade histórica!

1 pfffff

No se puede ir tan sobra por la vida y escupir para arriba porque te puede caer. El debate sobre la denominación está hoy superado. Lo dice la RAE en el Diccionario panhispánico de dudas al buscar castellano, que te redirige a español. Pero a los nacionalistas les conviene castellano y se ponen como la niña del exorcista cuando se usa la denominación correcta: español.

2 urco

Problema negum: espanhol o idioma de Espanha e galego o idioma da Galiza, como os seus próprios nomes indicam.

3 Xaquín

Entón o idioma de Canadá é o canadiense e o de Australia é o australiano.

4 Sentidiño

Si, Xaquín: por iso os iingleses e os xaponeses van ao Instituto Cervantes aprender "castilian". Por iso os graduados de Filoloxía "Española" cursan o máster de CLE (Castellano lengua extranjera, e non o de ELE).

5 Praceres

Normal, tamén ao inglés, orixinal de Inglaterra, lle chamamos británico (Filoloxía Británica, creo!). Se denominar español ao castelán é unha cousa inocente, nada que ver co imperialismo nin coa unidade nacional (a contra de negar as diversidades). Todo casual esconder a orixe en Castela e a imposición sobre as otras linguas que proclaman "tamén españolas". É que non o acabo de entender, temos un idioma español ou varios? Se cadra nos cursos do Instituto Cervantes e no máster de ELE danse todos os idiomas que din españois en igualdade de oportunidades? Non será a exclusividade para o orixinal de Castela, sería excluinte, e ante iso os galegos colonizados protestariamos?

6 uu1

Ptttt tem razão, a denominação da língua de Castela está hoje superado. A constituição espanhola vigente (do 1978) deixa-o claro “O castelhano é a língua espanhola oficial do Estado.” Não diga demasiado alto que a RAE é não cumpre a constituição e pelo tanto está fora da lei! Não seja que o tribunal constitucional tenha que processar aos acadêmicos!