Artai, neno de 11 anos galegofalante: "Os que falan castelán tamén están politizados?"

Chámase Artai Miragaio. Ten 11 anos. Naceu e vive no barrio da Agra do Orzán, na Coruña. Estuda 6º de Primaria e 4º de clavecín no Conservatorio Profesional de Música da Coruña. Ten unha canle en Youtube na que vai narrando o seu día a día como galegofante. E nesta entrevista conta as súas impresións..."Vexo o futuro do galego moi mal", asegura.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 23/09/2019 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

- Por que decidiches poñer en marcha Canal Artai, unha canle en Youtube?

Artai, neno galegofalante que conta a súa experiencia nunha canle de Youtube
Artai, neno galegofalante que conta a súa experiencia nunha canle de Youtube

Comecei hai tes anos ao comprobar que na televisión non había nada que ver interesante. Pensei que a mellor forma de facer unha televisión á miña maneira e en Galego era un canal de youtube. Collín o computador e fixen o canal. A miña intención era crear un canal de youtube en Galego, que neste momento pode haber só 50, mentres que noutros idiomas hai millóns.

- Nel tentas falar da túa experiencia como un neno galegofalante. Hai moitas dificultades para que os nenos da túa idade falen en Galego?

Hai, comezando porque á maioría das familias galegas non lles importa o Galego e iso afecta negativamente moito. E hai moitos avós, avoas, pais e nais que son galego falantes e aos seus fillos/netos non lles falan en Galego. Por outro lado, nas escolas e colexios, sobre todo os concertados,  non dan as materias que deberían en Galego.

- Como é a relación que tes cos teus amigos e amigas. Son todos e todas galegofalantes?

Artai Miragaia, un rapaz galegofalante
Artai Miragaia, un rapaz galegofalante | Fonte: remitida

Eu lévome normalmente ben con todo o mundo. Non, ao contrario,  son castelán falantes na gran maioría, menos algunha excepción.

- E os que falan habitualmente en castekán, tentan cambiar a galego cando están contigo?

Non normalmente. Raro que cambien.

- Decidimos contactar contigo logo de ver o famoso vídeo no que dicías que os nenos que falan en castelán son “analfabetos na nosa lingua”. Cres realmente que non saben galego?

Moitos de eles non saben falar nin escribir en Galego minimamente, porque non o aprenden ben nas escolas nin as familias se preoupan diso. Como moito enténdeno.

- E por que cres que se dá esta situación? Quen é o responsable disto?

A sociedade galega que non lle dá importancia á lingua nin á cultura propia.

- Supoño que na túa vida diaria tentarás convencer á xente do fermoso e útil que é falar en galego. Como o fas?

De primeiras, falándoo. En segundo lugar, tentando convencer à xente da súa utilidade e do perigo de que desapareza.

- E tes éxito? Hai quen cambie e decida falar en galego?

Non, é moi difícil ter éxito e mudar unha sociedade con esa mentalidade.

- Que pensan os teus profesores da túa postura lingüística?

Nunca se manifestaron nin a favor nin en contra, menos dous que si me apoiaron.

-Tras publicar a noticia no GC, houbo xente que comentou que estabas “moi politizado” e que iso era, en parte, responsabilidade dos teus pais. É isto certo?

Non creo que defender a lingua propia sexa estar politizado. Tamén entón poderíamos dicir que os que só se expresan en castellano están moi politizados?

- Falabas de que estiveches de vacacións en Cataluña e alí todos falaban catalán. Como foi esa experiencia?

Moi boa. Nótase que é unha sociedade moi diferente á nosa. Teñen moito agarimo á súa lingua, cultura e país.

- Sentiches envexa?

Sentín moitísima envexa.

Falaches con algúns nenos ou nenas sobre a situación lingüística de Galicia e Cataluña?

Non, aínda non, pero non estaría mal.

- Onde cres que poderías vivir sen que ninguén teña complexos falando en galego?

Eu non teño complexo por falar en Galego, todo o contrario. Falo en Galego, pero tamén podo falar sen problema en Castelán. En Portugal ou nalgunha aldea galega habería menos dificultades.

- E como ves o futuro do galego para os nenos e nenas da túa xeración?

Moi mal, nas cidades galego é rarísimo atopar un neno ou nena galegofalante, e no medio rural, cada vez van a menos.

- E algún consello para mellorar a situación actual?

Falarmos en Galego sen complexos e desfrutar da nosa cultura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 57 comentarios

11 Ramiro González

Papás del bloque, politizando a su vástago desde su más tierna infacia. Nada nuevo bajo el sol, que os cunda.

1 OláRamiriño

Para un tal "Ramiro González": Uns pais que tenten que os seus fillos amen a língua e a cultura galegas, como sería o correcto, teñen por forza que ser do Bloque? A típica mentalidade analfabeta funcional do que vive en tempos da Inquisición. Ou excesos de Riojas no bar de abaixo? Algúns, carentes de argumentos e do don de linguas, teñen abofé unha cultura ben mediocre.

2 OláRamiro

Os pais de calquera neno ao que lle guste a lingua e a cultura galega teñen que ser do Bloque? A típica mentalidade do que sofre analfabetismo funcional. Ou excesos de Riojas no bar de abaixo? Carentes de argumentos e do don de linguas, algúns teñen abofé unha cultura ben mediocre.

10 Pasmao

La izquierda nacionalista gallega es incapaz de una idea original. Copiaron el lema Nunca Máis del famoso informe argentino sobre los desaparecidos - y del país de los cuentos de Peter Pan - y ahora crean la versión cutre de la repelente adolescente sueca, pura imagen destrozada de un conglomerado de intereses empresariales. Pobre rapaz. Veremos quien cobra los derechos de imagen.

1 "Elreypasmao"

Pasma que sexas tan "pasmao", ou corto de mente, que sería máis ou menos o menos, e tamén intolerante. Características típicas de quen non puido desenvolver correctamente a súa estrutura neuronal por mamar só da rancia ideoloxía franquista. Para ese tipo de individuos defender a lingua propria, a lingua galega, é ser de "izquierda nacionalista gallega", como se non se pudese defender o Galego de forma natural ou tendo calquer outro tipo de ideoloxía. Trátase dunha falta de rego cerebral, cultural e democrático evidente. Terían que consultalo!

9 nostrus

Todos estos que dicen que el gallego es la lengua propia de Galicia yo les pregunto ¿y eso que tiene que ver para que la gente tenga que hablarlo?, ¿acaso tienen que tocar la gaita y no pueden tocar la guitarra?. Lla lengua propia es de las personas y no de los territorios y son las personas con la realidad lingüisitica social las que deciden cual es la lengua oficial de un territorio. Las lenguas no tinen voluntad, ni sufren ni padecen y que el latin se originara en Italia no supone obligacion para nadie ¿o acaso si? y que Cristo muriera en la cruz no supone obligacion para nadie a ser creyente ¿o acaso si?. El español es lengua propia de España ¿o acaso Galicia no es España?. Mentirosos compulsivos.

1 teutonio

A lexislación e xurisprudencia non che da a razón. 10 ou 15 anos comparando falar un idioma oficial (algo regulado, que forma parte da esfera pública) con tocar a gaita ou a relixión. Macho, muda de argumentos. E se vas dicir o mesmo copia e pega que aforras traballo

2 nostrus

O mesmo direito que tes ti a ofuscarte co galego, teñoo eu a comparar co que me dea a gaña. ¿Por que non comparar unha lingua ca relixion si para alguén supon o mesmo?. A lexislacion tampouco che da a ti a razon cando o Tribunal Constitucional estableceo que os galegos temos direito a usar o galego, pero non a obriga de comprendelo. Tes direito a crer que o galego é a orixe do universo, pero non o tes a que os demais teñamos que crer o mesmo.

3 Currelante

Nostruz, por favor, aínda non sabes que os tribunais non lexislan! Es cortito, pouco lido, nada instruído e moi repetido na túa cruzada ultrarelixiosa e fanatizada contra o galego! Faille um favor á humanidade: recíclate que na versión retrógrada xa apestas!

4 nostrus

Currelante Ya se que los tribunales no legislan, pero interpretan la legislacion para que esta se cumpla. Por lo menos coincides conmigo en que los gallegos tenemos derecho a usar el gallego, pero no tenemos la obligacion de comprenderlo (llego a esta conclusion en que no me has contradecido).

5 Currelante

Nostruz, de novo presumindo da túa ignorancia! Os tribunais aplican a lei. Son as causas o que interpretan e xulgan de acordo coa lexislación, a xurisprudencia e algo de doutrina. Neste caso, como en tantos outros, as palabras non van ao chou! O do contexto histórico, o franquismo que añoras, para explicar o texto en determinadas leis deixámolo para cando aprendas a ler. Polo momento, estás moi verde. E agora os deberes, repite dúas centas veces: "Contradicho, diré siempre contradicho y nunca 'contradecido'. Como fanático del castellano debo corregirme para aparentar ser natural de Fachadoliz y no de una atrasada aldea gallega con su dialecto de pobres que comen pan de centeno y puerco, para cuando tenga que ir servir a la ciudad aparentar finura".

8 RPT

Algo primitivo esto de usar niños para la política. Si por el BNG fuese, habría "pioneros" comunistas. Pol Pot usaba a los niños para decidir a quien se asesinaba y a quien no. El niño no tiene la culpa. Por cierto que se habla de lengua "propia" cuando este término forma parte de una retórica engañosa al carecer de una definición precisa, universalmente aceptada. Vamos, que no cuela, porque controlar el lenguaje para dominar el debate es más antiguo que andar a pie. Si se usa la manipulación ¿qué verdad puede haber detrás? Pero el crío tiene razón: no hay futuro, y se sabe, pero los de los chiringuitos se resisten a perder los chollos y ponerse a trabajar en algo no artificioso.

1 SQU

cheira a feixismo

2 TPR

La característica psicológica más destacada en un comunista --ideología equiparada al nacional-socialismo en la Declaración de Praga y posterior Resolución del Parlamento Europeo--, digo que la característica psicológica más destacada en una personalidad bárbara como nacional-socialista o comunista es la proyección: ver en los demás lo que es propio.

3 O toxo

A imposiçom,é o que fai o imperalialismo egpanhol,ao tratar de aniquilar tuda língua que nom seja a de castela.

7 nostrus

Presentan a este rapaz como si fora unha especie rara cando eu coñezoi moitos rapaces galegofalantes. Si defender a lingua propia non é estar politizado, tampouco falar español e rengar de nada ou ¿acaso falar galego é rengar de España?....supoño que non. E non manipuledes co conto da lingua propia porque tan propia é o galego como o español, ¿acaso o español non é lingua propia de España?. Non creo que falar galego sexa negativo, pero tampouco creo que sexa mais guay. Este neno ten toda a liberdade de falar galego, pero tamen os demais nenos teñen liberdade de falar español e si os critica por falar español esta caido no mesmo erro que cando criticaban a xente por falar galego.