Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2019 | Actualizada ás 11:54
O autor confeso do triplo crime machista de Valga (Pontevedra), José Luís Abet, foi trasladado na mañá deste mércores desde o cárcere pontevedrés da Lama ao xulgado de Caldas que instrúe a causa.
Así o informaron a Europa Press fontes próximas á investigación, que enmarcaron este traslado a dilixencias pendentes por parte do xulgado no marco dunha causa declarada secreta.
Pola súa banda, a Policía Xudicial da Garda Civil prosegue "sen novidade" coas pescudas para esclarecer a orixe da arma curta coa que autor confeso matou á súa ex compañeira sentimental e á irmá e á nai desta, en presenza dos dous fillos menores da parella, de catro e sete anos.
Abet foi enviado a prisión sen fianza este martes tras pasar a disposición xudicial despois de entregarse o luns por matar ao seu exmujer e a nai e a irmá desta cunha arma curta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.