En Marea segue explorando unha lista galega para as eleccións do 10N

Tamén recoñece estar "en contacto permanente" coa "contorna" de Compromís e Más Madrid.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2019 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, recoñeceu que o seu partido aprobou o pasado sábado inciar negociacións con forzas de Galicia para crear unha candidatura galega para as eleccións xerais do 10N. Pero tamén sinalou que non se pechan outras portas e está "en contacto permanente" coa "contorna" de Compromís e Más Madrid para explorar a posibilidade de selar unha alianza de cara ás eleccións xerais do próximo 10 de novembro.

En declaracións á Cadea Ser recollidas por Europa Press, Villares asegura que o acordo aprobado o pasado sábado pola dirección de En Marea recolle abrir negociacións con forzas galegas e tamén "permite" establecer "un diálogo con outras forzas progresistas do Estado" que compartan unha "axenda social e democrática" que poña o foco "en programa e orzamentos e non en cadeiras de brazos e simpatías".

Uns 'mínimos' dentro dos que, segundo Villares, entran tanto o proxecto que lidera Íñigo Errejón como os valencianos Compromís, cuxa dirección se inclinou por unha alianza con Más Madrid.

Cuestionado sobre se existen conversacións con estas forzas para sumar á alianza a En Marea --convertido en proxecto político en solitario desde comezos de anos tras a súa ruptura con Podemos, EU e Anova--; o maxistrado en excedencia afirma que manteñen contactos con ambas as formacións. "Estamos en contacto permanente con todo a contorna duns e doutros para buscar como articular este diálogo", sinalou Villares.

Rolda de prensa do portavoz de En Marea, Luís Villares
Rolda de prensa do portavoz de En Marea, Luís Villares | Fonte: En Marea

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Virachaquetas

un dia "lista galega" e para o outro "unímonos a MAS MADRIZ". No hay más preguntas señor juez. Cando todo vale para manter a poltrona.

1 lóstrego

Dora, la exporadora! Qué aportades vós, a auga mineral embotellada?