Debate sobre as contas de Galicia: a Xunta xa está en modo precampaña electoral

O conselleiro de Facenda utiliza o pleno sobre os orzamentos para denunciar a "inestabilidade" que provocan "bipartitos, tripartitos ou cuatripartitos".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/11/2019 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, púxose este luns en modo precampaña electoral cando queda menos dun ano para os comicios galegos. Así, utilizou a súa quenda no pleno monográfico sobre os Orzamentos para presentar o proxecto de contas galegas para o ano que vén para aseverar que "Galicia demostra que é sitio distinto" con este debate.

Neste sentido, cualificou aos galegos como "moderados" e interpretou que "queren estabilidade e foxen de aventuras, por iso --dixo-- non lles gustan os gobernos bipartitos, nin tripartitos, nin os cuadripartitos". O seu discurso proseguiu valorando que a comunidade está "afortunadamente blindada ante a inestabilidade do estado" e de "aventuras", cuns orzamentos que serán, segundo augurou, o número 40 que aprobará a autonomía.

Con 10.149 millóns de euros, un 3% máis que en 2019, resaltou que será o orzamento "máis elevado nunha década" e ademais chamou a atención sobre unhas previsións con "prudencia" que, ao seu xuízo, contrastan "co optimismo excesivo do Goberno central en funcións" nunha contorna de desaceleración económica.

Como principais liñas, apuntou ao gasto social, ao "crecemento inclusivo", as políticas activas de emprego, o papel da Xunta con respecto á innovación, o "desenvolvemento sustentable", a eficiencia enerxética, as enerxías renovables, o ciclo de auga eficiente "e limpo" e a aposta pola cultura e o turismo ás portas dun novo Xacobeo.

O conselleiro de Facenda no pleno
O conselleiro de Facenda no pleno | Fonte: xunta.gal

Ademais, aproveitou, novamente, para cargar contra o Goberno central. "Ten que ser consciente de que as comunidades autónomas necesitan estabilidade", dixo. "Necesitamos que o Goberno central nos transfira todo o que nos debe para este ano. Temos que ser responsables e actuar con lealdade institucional. Nunca máis se debe repetir o que ocorreu este ano", finalizou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta