Por E.P. | A CORUÑA | 30/12/2019 | Actualizada ás 11:50
A Real Academia Galega (RAG) trasladou o seu "fondo pesar" polo falecemento do arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois, membro de número da institución desde o ano 1999 e que faleceu este domingo na Coruña, a súa cidade natal.
Nun comunicado, a institución académica lembra que o arquitecto deixou nesta cidade "múltiples mostras dunha maneira de concibir a arquitectura que o converteu nun referente imprescindible na historia da arquitectura galega contemporánea".
Tamén subliña a visión que o arquitecto tiña da súa profesión e remarca o seu defensa "da necesidade de non perder de vista o humanismo, o servizo á sociedade".
Respecto diso, alude a proxectos como a restauración da casa de Rosalía en Padrón (A Coruña) e da rehabilitación da vivenda de Emilia Pardo Bazán, na rúa Tabernas da cidade herculina como sede da Real Academia Galega (RAG) e de casa-museo da escritora.
Titulado como arquitecto na Escola Técnica Superior de Madrid en 1956, en Galicia algúns dos seus proxectos foron tamén, entre outros, as facultades de Matemáticas e Bioloxía de Santiago; as vivendas subvencionadas de mariñeiros no municipio coruñés de Sada ou a fábrica de Sargadelos en Cervo (Lugo).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.