Iago, o primeiro bebé galego do 2020, naceu nun hospital comarcal

Tras o o peche do paridoiro de Verín, o primeiro neno do ano en Galicia é do Barco e fillo dunha verinesa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/01/2020 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

Elena, unha muller verinesa de 34 anos, deu a luz a Iago sobre as 00,15 horas no Hospital do Barco de Valdeorras (Ourense). O neno converteuse no primeiro bebé do ano 2020 de Galicia. Curiosamente, este nacemento ten lugar nun hospital comarcal, como o de Verín, cuxo paridoiro decidiu pechar a Xunta.

Segundo informan fontes do hospital comarcal, tanto o pequeno como a súa nai "están estupendos" despois dun parto natural. O pai, Roberto, é un home de 38 anos natural de O Barco.

Iago chegou ao mundo pasados apenas os primeiros 15 minutos do 2020 e pesou 2,845 quilos. O seu nacemento neste centro ourensán é especialmente significativo debido á baixa natalidade rexistrada na provincia nos últimos anos.

Segundo os últimos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), só houbo 1.488 nacementos ao longo do 2018. Dez anos atrás, durante o 2008, foran 2.156.

Ademais, resulta significativo que a nai proveña do municipio de Verín, cuxo hospital comarcal se atopa no foco mediático debido ao peche do seu paritorio por "motivos de seguridade", tal e como explican desde a Xunta de Galicia.

Así deberían ser as primeiras horas de vida dun bebé. ISTOCK
Así deberían ser as primeiras horas de vida dun bebé. ISTOCK

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta