Denuncian "represalias" no despedimento dunha traballadora que participou en eleccións sindicais
A muller afectada, empregada nun matadoiro de Castro de Rei (Lugo), "foi despedida sen ningún tipo de xustificación", aseguran dende a CIG, candidatura na que figuraba. A empresa alegou incumprimento de actividade por parte da traballadora.