Antón Sánchez aposta tamén por unha "ampla alianza" das esquerdas para botar a Feijóo

O portavoz nacional de Anova percibe o clamor da rúa como a oportunidade para acabar co "nefasto Goberno de Feijóo" e avoga por converter a Anova "nunha alternativa política hexemónica" dentro do nacionalismo galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2020 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

O portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, asegura que percibe "un clamor" na rúa --"unha maioría social que quere un cambio"-- que son unha "condición necesaria" para pór fin "a dez anos tan nefastos do Goberno de Feijóo" na Xunta. Unha opinión na que tamén coincide Luís Villares quen este sábado tamén apuntaba a mesma idea.

Esta vontade debe "traducirse na esfera política" e que, aínda que por se soa "non é suficiente", supón unha "oportunidade" para construír unha "alternativa plural e diversa" desde a esquerda, como así o asegurou Sánchez este domingo nunha entrevista a Cadea Ser, recollida por Europa Press.

Na mesma, o deputado de Grupo Común dA Esquerda lembrou que o PP "foi derrotado en distintas convocatorias electorais nos últimos anos" en Galicia e esta "oportunidade" afecta "globalmente" a toda a esquerda. Por este motivo, cre conveniente apoiarse en "o entendemento" que chega "en base ao diálogo e a uns acordos nos que hai que pactar uns mínimos".

En referencia a estes mínimos apuntou ás "moitas coincidencias" que xa existen entre os grupos parlamentarios galegos, e é que entre eles se pode "visualizar" esa alternativa. "Sei que o sentir doutros grupos vai ir por aí nestes últimos meses de Goberno de Feijóo" e, a pesar das "diferenzas", a xente "ten que saber que somos capaces de pornos de acordo para facer fronte ao mal maior".

Sánchez analizou tamén a situación actual e sinalou a "como o PP quere sacar adiante unhas reformas lexislativas e normativas para, antes de perder o Goberno, deixar atados e ben atados determinados intereses para os que traballaron estes anos", por exemplo a Lei de Ordenación do Territorio ou a "posibilidade" dunha nova Lei de Avaliación Ambiental. Normativas que "son pasos atrás".

O viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez. REMITIDA - Arquivo
O viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez. REMITIDA - Arquivo

ELECCIÓNS AUTONÓMICAS

Por outra banda, coa vista posta nas eleccións autonómicas deste ano, Antón Sánchez deixou no aire o que fará Anova. Rememorou o que aprobou a súa asemblea, unha dobre vía na que apostan por "o relanzamento dun proxecto político republicano e rupturista, que non ten que coincidir cos tempos electorais" e as "amplas alianzas" con todo o que estea á esquerda do PSOE para uns comicios galegos.

No entanto, os contactos entre partidos corren a cargo do responsable de relacións políticas de Anova, Martiño Noriega, que "comunicará" o resultado dese proceso "ao seu debido tempo". Aínda así cre que existe "espazo" para que Anova creza, xa que "a sociedade sabe que para transformar realmente as súas vidas e alcanzar unha maior xustiza social hai certos marcos que neste réxime limitan as súas posibilidades" e o seu parido quere "rompelos", aínda que isto "non sexa un horizonte próximo". O obxectivo final é converter esta forza política en "unha alternativa política hexemónica" lonxe do BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Compostelano

Es lo que les queda. Llorar a Podemos Galicia, porque ellos por si solos se comen los mocos.

3 A Leiriña é Miña

Pode apostar polo que queira pero que as esquerdas galegas van tirar cada unha polo seu lado está escrito na sua xénetica. Si o principal obxetivo é botar a Feixoo calqueira voto ás leiriñas progretas é voto pra o lixo.

2 THIS IS THE END

están de xeonllos diante do podremios, recriminan o que mandatou o vello ... o da abstención. ABSTENCION! diante da ameaza do facismo (chupadanga, pepeiro e vox) (francisco franco, terceiro Reich e Torquemada) ... soamente se poden salvar os da marea... poden intentar entrar coma corriente e non como individuos persoais, como alguns xa están facendo, ... incluso terian postos de saida en listas electorais... os vellodependentes non poden ter nada, a porta pechouse vai moito tempo atrás e pechouse para sempre... soamente fica o de arrastrarse coma serpes diante do podreiro, ou de ir a mandriles a bicar os pes da ministra, pero non ahí saben a clase de xente que sodes, saben que comedes os santos polos pes

1 Anova triunfadora

Vas ser superhexemonico Antón xa verás como si home ti es máis optimista que Viyares e fas ben. Podemos pode darvos o 3 por Lugo, non importa que vaia sacar 3-4 en total, sempre poden dimitir para ir para Madrid e así acabaríades entrando vós outra vez.

1 Risitas

De arreglos cos do PP sobretodo con Baltar sabedes moito os do BNG, ademáis agora estades cómodos no Congreso no grupo de Más España.

2 Anova triunfadora

Que pesados sodes, agora levándolle cafés á CEOE con Yoli e seguides turrando contra o Bloque. Plastas

3 (b)Loqueiro

Ánimo blocallo! A ver se consigues superar o trauma de Amio (e aceptar a existencia de Anova) antes que o resto dos teus compañeiros (b)loquitos. Pódese. 👍🏻