As idas e voltas na política

Do mesmo xeito que aconteceu co proselistismo e denuncia atosigante que ate hai uns meses facía unha televisión local nesta nosa Auria, agora acontece algo semellante coas reivindicacións do goberno de Nuñez Feijoo ó executivo de Pedro Sánchez.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 28/01/2020

Comparte esta noticia

Supoño que moitos ourensás lembran cando, quen hoxe é o noso alcalde,  andaba facendo entrevistas e denunciando os buracos que había nas beirarúas da cidade e no rural do concello. Pois resulta que dende que pisou moqueta e senta na cadeira de rexidor, esas visitas e as correpondentes denuncias pasaron ó esquecemento  mais, as eivas denunciadas siguen esperando solucións.  Pois ben,  algo sememellante acontece en San Caetano, onde antes da moción que cambiou o goberno na capital do reino, non existían reivindicacións cara o executivo do sr. Rajoy. Todo era un calar de complicidade  que, de súpeto, mudou ó cambiar ó, chamado  por eles, ocupa da Moncloa.  Sí, daquelas por  non pedir, nin esixían que se cumpliran  os acordos aprobados por  unanimidade no Parlamento galego e que  reivindicaban importantes cuestións. Eran asuntos que non  tiñan presa.  Máis as cousas trocaron e agora que temos un goberno cheo de comunistas e roxos, o presidente e  os  conselleiros, silenciosos noutro momento,  saen á palestra reivindicando e denunciando o que antes calaban ou agochaban.
Máis, esas reivindicacións tan vistosas, chocan con feitos que indican que todo é un postureo cheo de falacias e moito teatro. Que o do Ave non chegará no presente ano, xa o ten asumido todo o mundo. Que a estación intermodal sera de terceira clase, pois tamén. E asi poderíamos seguir enumerando cuestións importantes que afectan a Galicia e, en particular, a Ourense. Cuestións que uns e outros pormeteron e dixeron que  serían obras que marcarían un tempo pois pasarían á historia como algo moi salientabel.  

Feijóo e Pedro Sánchez na Moncloa. @SANCHEZCASTEJON - Arquivo
Feijóo e Pedro Sánchez na Moncloa. @SANCHEZCASTEJON - Arquivo


Non hai moitos meses a Espranza Branca, que é como se definiu o noso rexidor local, falaba de que Ourense estaba discriminado diante a Xunta. Pois ben,  agora que fixo grandes amigos co pacto da vergoña, tamén o silencio volve a ser unha realidade. Isa realidade lévanos  a ver as  idas e voltas que da a política; lévanos a aturar   os discursos, promesas  e verborreas que un día  din unha cousa e logo fan outra. O máis recente o asunto de Verín e o seu hospital. Primeiro foron razóns técnicas e  economicas pra cortar o servizo. Agora a presión veciñal fixo revertir a cuestión.   Claro que non hai que fiarse, pois estamos en ano electoral e xa veremos se a posta en marcha deste paritorio soamente é unha cuestión ate que pasen as eleccións á Xunta.
Pero, o maís triste de to isto, é que a política sobor de todo en Ourense chegou a tal grao de desprestíxio que é preciso que a sociedade ourensá reaccione. E que o faga xa.  Pois, por moito que se diga e anuncien os que mandan, Ourense camiña cara a nada; camiña cara un emorecemento que semella ser aceptado cunha resignación que arrepía. E afirmo isto con toda contundencia,  pois o problema de Ourense vai moito máis ala dunhas piscinas que aspiran a convertirse en parque acuatico no complexo de Monterrei; vai moito máis alá dunha escaleras mecánicas ou de modificar o pendello que vai ser a estación de chegada do Ave. O problema de Ourense cidade e provincia xa é un asunto de actitude e aspiración  cidadán. Sí de cidadáns  que queiran fuxir dese conformismo enfermizo que obriga ós nosos fillos e netos a emigrar fora desta terra. A Vila de Verín deu un exemplo. E se non somos capaces de seguilo, Ourense será un ermo poboacional sen futuro,   é a cidade   perderá o posto de ser a terceira urbe galega.
Por iso, diante tantas idas e voltas que dán os que nos gobernan; diante tanto postureo, e tantas contradiccións  como teñen é preciso rebelarse e deixar o conformismo enfermizo que como sociedade nos afoga. En fin: fagámonos valer.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com