Por X.M. Fernández | Madrid | 24/01/2020 | Actualizada ás 09:00
A cita gastronómica chega este ano á súa 21ª edición e presentará, como xa vén sendo habitual, un completo programa de actividades e unha ampla oferta en restauración.
Na presentación de Xantar 2020 en FITUR estiveron, entre outras autoridades, a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, o vicepresidente executivo de Expourense e o tenente alcalde da cidade das Burgas. Ademais de repetir Portugal, outros países presentes nesta edición serán México, Costa Rica, Colombia e Perú.
Unha das novidades desta edición será a promoción internacional que se fará da Ribeira Sacra como mostra de apoio á Candidatura desta para ser incluída como Patrimonio Mundial da UNESCO en 2021. A Ribeira Sacra contará cun stand promocional do Consorcio de Turismo e de varios concellos incluídos no territorio, cun restaurante liderado polo Concello de Parada de Sil e coa presenza tamén do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
A previsión é que se cheguen ás 150 actividades, nas que destacan os showcookings de prestixiosos chefs de 5 países, e xa están en marcha tamén diversos paquetes turísticos para que os/as visitantes vivan unha experiencia gastronómica e termal na cidade de Ourense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.