O helicóptero no que faleceu Kobe Bryant é o mesmo que utilizan os gardacostas galegos

O Sikorsky S-76B é usado nos sectores VIP da sociedade, coma Donald Trump ou a familia real británica.

Por Raúl Novoa | Santiago de Compostela | 28/01/2020 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

Segundo a Administración Federal de Aviación de Estados Unidos o xogador da NBA estrelouse nun helicóptero Sikorsky S-76B nun campo da periferia da cidade de Calabasas, ao redor das 10 da mañá do pasado domingo. Kobe Bryant era asiduo deste modelo xa que coma el mesmo dicía, odiaba o tráfico da cidade de Los Ángeles e tiña problemas de xeonllos e de espalda.

Un modelo de Sikorsky S-76 sobrevoando a Ría de Vigo.
Un modelo de Sikorsky S-76 sobrevoando a Ría de Vigo.

A aeronave foi diseñada en 1976. Está considerada coma unha das máis seguras do mundo e é de tamaño medio e con dous motores. Utilízana as clases altas da sociedade, así coma xefes de Estado, xente coma Donald Trump ou a familia real británica. Tamén o exército aéreo español incorporou nos anos 90 oito S-76 e foron dedicados á formación do Exército do Aire. Un dos usuarios foi o actual rei Felipe VI. 

En Galicia, úsase desde 2005 como vehículo de salvamento polos gardacostas, depende da Consellería do Mar da Xunta. Adícase á vixilancia pesqueira, protección do medio mariño e misións de búsqueda e rescate. As dúas bases nas que operan están no aerporto de Vigo-Peinador e en Celeiro.

A investigación do accidente no que morru Kobe Bryant continúa. A compañía expresou as súas condolencias sobre este tráxico incidente. Tamén avisaron de que apoiarán as investigacións das autoridades e aos clientes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta