Noriega acusa a Unidas Podemos de "preferir un peor resultado" a unir a esquerda

O ex alcalde de Compostela repite a mensaxe de Antón Sánchez e destaca que "Unir multiplica", sen pechar a posibilidade a un acordo con todas as forzas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2020 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

O responsable de relacións políticas de Anova, Martiño Noriega, dixo ter a sensación de que Unidas Podemos "prefire obter un peor resultado" nas urnas coa súa "posición estratexicamente lexítima" en lugar de "arriscar, ser audaces e ter valentía" de cara ás eleccións do 5 de abril.

Despois de que o secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, insistise en que a plataforma Galicia en Común --na que se integran o partido morado e EU-- é o espazo desde o cal sumar, Noriega sinalou que isto "non atende á demanda cidadá", xa que se trata "dunha marca partidaria que ten a centralidade, pero que non o é todo".

"A unidade popular non só é o federalismo de Unidas Podemos, é tamén o soberanismo, tamén o municipalismo, todo o que deu razón de ser aos resultados que obtivemos", explicou, rememorando os éxitos das mareas locais do 2015 e a segunda praza alcanzada pola xa rota plataforma En Marea.

Noriega "non perde a esperanza" a un acordo entre Anova, Podemos e EU, pero ve moi complicado que haxa cambios de posicións.

"UNIR MULTIPLICA"

Neste contexto, advertiu que o cambio político na Xunta "non chegará unicamente coa melancolía do bipartito" entre PSdeG-PSOE e BNG nin "dun espazo da unidade popular representado só por Podemos". "Unir multiplica", asegurou en varias ocasións, durante a entrevista na Cadea Ser.

Pase o que pase, Noriega garantiu que Anova, que contempla a posibilidade de concorrer coas mareas municipalistas, estará presente nas eleccións autonómicas porque "así o decidiu" no recente proceso de refundación que viviu a formación.

O responsable de relacións políticas de Anova, Martiño Noriega, nunha entrevista en Cadena Ser.. CADEA SER
O responsable de relacións políticas de Anova, Martiño Noriega, nunha entrevista en Cadena Ser.. CADEA SER | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

11 Sentidiño

Cómo se di "facer un corro" en mareante?

10 Desfeita

Noriega e Ferreiro deberon pensar mellor antes de faceren o traballo suxo a Podemos-EU na Marea. Agora Podemos desprézaos, non teñen volta ao BNG, e aínda seguen sen querer sentar con Villares! Veñen outros catro anos de feijoada.

9 Sabio

O culpable de desfacer En Marea

8 O SHOW MAREANTE!!!

teñen o 0,3 % nas enquisas e a marea o 1,6 % nas enquisas... e ainda ha xente que da pabulo a estes iluminatis guafondeng conspiranoicos luciferinos reptilianos. Agora camiñan na división da división ata o mundo cuantico onde os protons e os electros son subdivididos en quarqs e en subparticulas ainda mais pequeñas como cerna, como equo, como becholandia, os catro que ainda van no coche de "lucito" de lugo... asi ata a nada mais absoluta...

7 Gamela

Semella que están a falarlle ao vento... ¿de que soberanismo está a falar? UPG non vai ceder na vida (nin Rego nin Pontona poden mover un dedo!) e da doutra banda foron eles mesmos os que auparon ao xuiz Villares (de que se queixan?) Como o día 5 de abril teñamos a Feijoo apoiándonse en VOX poden ENTERRARSE EN VIDA !!!