O PPdeG lanza un xornal de precampaña con Feijóo como protagonista

Copia a sección de humor do GC, co nome de Galicia Today, na que publica que Rufián e Otegi van de dous e tres na lista do BNG ou que un veciño de Pablo Iglesias se queixou por "moverlle os marcos".

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 24/02/2020 | Actualizada ás 15:22

Comparte esta noticia

O PPdeG lanza este luns unha publicación de precampaña para "informar e entreter", defende a formación, aos galegos nas semanas que quedan ata a celebración das eleccións autonómicas do 5 de abril. Entre os seus contidos atópase unha entrevista con Alberto Núñez Feijóo, que se reivindica como "un presidente libre que só se debe a Galicia", así como unha sección con curiosidades da súa vida persoal.

Baixo a cabeceira 'Galicia, Galicia, Galicia... Galicia!', esta publicación repasa "cun ton ameno e desenfadado", subliña o partido nun comunicado, "os logros e perspectivas de futuro" da Comunidade.

A publicación tamén inclúe un perfil de Feijóo que asina Albino Núñez, profesor seu no Instituto Branco Amor de Ourense, no que destaca que era "atento" en clase, "serio" e "respectuoso cos demais"; e unha sección con curiosidades sobre a súa vida persoal. Tamén aparece unha fotografía da súa casa na que aparecen coches de xoguete perfectamente aliñados do seu fillo de tres anos, co que comparte o gusto pola automoción "e a orde".

Tamén aparece unha fotografía da súa recibidor, do seu salón ou do perfil do seu Whatsapp, á vez que se lembra que conserva o mesmo número que cando non era presidente. A súa foto de perfil é da Ría de Vigo, "á que decidiu mudarse cando volveu de Madrid hai xa 17 anos" e á que "escapa sempre que pode coa súa familia".

HUMOR

As páxinas centrais da publicación corresponden a un balance dos seus "logros", á vez que se incorpora unha sección de humor baixo a lema de 'Galicia Today', a mesma que utilizan xa desde hai anos un medio satírico na web que colabora no GC baixo o nome de GCToday. Dúas son as 'noticias' que se poden ler neste apartado: "Otegi e Rufián serán os números 2 e 3 nas listas electorais do BNG" e "O veciño de Pablo Iglesias presenta unha queixa formal: "moveume un marco".

"O humor é a mellor maneira de afrontar o lóxico cansazo da xente despois de tantas eleccións de forma consecutiva", defendeu o secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado.

Xornal de precampaña do PPdeG, con Feijóo como protagonista
Xornal de precampaña do PPdeG, con Feijóo como protagonista

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Dalle que libras

Pero se o Partido Podre e o BNGuai, xa teñen un xornal de campaña : La VOX de Galicia