Feijóo tras non acompañar a Casado na súa visita a Lugo: "El ten a súa axenda e eu a miña"

"Tamén me gustaría que se reunira co comité das Pontes e, Ferroatlántica ou Ence", destacou.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/03/2020 | Actualizada ás 15:42

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, negou ter diferencias co líder do seu partido, Pablo Casado, que este xoves visitou ao comité de Alcoa na Mariña, acompañado do deputado, Jaime de Olano. Con todo, quixo deixar claro que cada un "ten a súa propia axenda".

(esq-dt) O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, o presidente nacional do Partido Popular, Pablo Casado, e a vicepresidenta segunda do Congreso, Ana Pastor, pousan no Almorzo informativo de Nova Economía Forum celebrado en Hot. Eduardo Parra - Europa Press
(esq-dt) O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, o presidente nacional do Partido Popular, Pablo Casado, e a vicepresidenta segunda do Congreso, Ana Pastor, pousan no Almorzo informativo de Nova Economía Forum celebrado en Hot. Eduardo Parra - Europa Press

"Cada un ten a súa axenda, el a súa e eu a miña", dixo ao ser preguntado na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.  "Eu son presidente da Xunta e hoxe --os xoves-- teño Consello da Xunta", apuntou para agradecer, despois, a visita de Casado a Galicia.

"El comprometeuse a reunirse do comité de empresa e é algo a destacar que se comprometa coa viabilidade de Alcoa. Eu agradezolle que o faga de forma directa", indicou. Pero acto seguido engadiu "eu xa fun varias veces".

Tras insistir os xornalistas sobre esta cuestión, Feijóo amosou o seu incomodo. "Non hai que buscar contradicións onde non as hai. Hai que agradecer que estea aquí co deputado da zona --Olano--". Pero logo engadiu, "tamén me gustaría que se reunira co comité das Pontes e, Ferroatlántica ou Ence. E se non o vai non pasa nada... Eu tamén me reunirei con PSA-Citröen".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta