Galicia incrementa un 30% o número de afectados nun só día

Rexistra 123 casos novos só o xoves, sumando 567 casos en total. Xa hai seis mortos. O último en Monforte.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2020 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

O número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 567, o que supoñen 123 máis que este xoves --cando había 444--, e faleceron co virus seis persoas ata a data. A tasa de crecemento nos últimos días foi moi grande e acada case taxas do 30%.

Así o informou a Consellería de Sanidade, que indicou que dos 567 casos, 152 corresponden á área da Coruña; 46 á de Lugo; 63 á de Ourense; 83 á de Pontevedra; 108 á de Vigo; 94 á de Santiago e 21 á de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, concretou Sanidade, 19 permanecen en UCI, 137 atópanse en unidades de hospitalización e 411 no domicilio.

Ata o momento, en Galicia rexistráronse cinco altas de pacientes e seis falecementos, o último que transcendeu o dun veciño de Chantada de 89 anos de idade ingresado no Hospital de Monforte con múltiples patoloxías previas.

Centro cívico de Feáns no que se realizan tarefas de desinfección por foco de coronavirus. CONCELLO DA CORUÑA
Centro cívico de Feáns no que se realizan tarefas de desinfección por foco de coronavirus. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta