Feijóo defende a política laboral no Sergas: "Fixemos 1.000 contratos desde o inicio do coronavirus"

Tras as críticas de colectivos que denuncian ser contratados por horas e días, o presidente galego insiste no incremento de contratos na sanidade pública.

Por Galicia Confidencial | Compotela | 29/04/2020 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

Diego é enfermeiro na Atención Primaria. Leva traballando seis anos para o Sergas e, desde entón, encadeou máis de 600 contratos. “Isto é un novo modelo novo de escravitude. Somos o detrito dos eventuais”, aseguraba en declaracións a Galicia Confidencial denunciando que vive a súa vida pegado a un teléfono durante as 24 horas agardando unha chamada do Sergas.

Este medio preguntoulle este mércores, na conferencia telemáctica cos medios, sobre este sistema de contratación non que hai medio cento de persoas. A resposta de Feijóo moi elocuente. "Se hai unha Comunidade que, desde o principio, fixo unha aposta polo incremento de contratación, foi o Sergas", dixo.

Os líderes da oposición e dos sindicatos nunha manifestación da Plataforma SOS Sanidade Pública
Os líderes da oposición e dos sindicatos nunha manifestación da Plataforma SOS Sanidade Pública

Así, e sen aludir en ningún momento a precariedade laboral da sanidade pública galega, aludiu á realización de  "máis de 1.000 contratos desde que empezou a pandemia" e lembrou que, antes de que empezase a crise sanitaria, a Xunta pretendía que o Goberno "autorizase unha convocatoria pública de emprego de 5.000 prazas en 2020".

Non é a primeira vez que numerosos colectivos e sindicatos da sanidade critican a precarización das súas condicións laborais, especialmente, nas últimas semanas, tras a crise do COVID-19, con numerosos profesionais contaxiados por falta de material de protección e outros con contratos de semanas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta