Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 08/05/2020
Pois do contrario todo o que se acometa estará baseado exclusivamente na ambición de exercer ó poder a costa do que sexa, e iso é moi nocivo para a vida pública e tamén para a saúde e o futuro das institucións democráticas. E diran vostedes: que ten que ver a ética e os presupostos? Pois eu entendo que moito.
Hai uns días o noso concello aprobou as contas deste exercicio. Máis ollando o pasado recente, tal aprobación leva tras de si un lastre ético moi pesado. Leva unha historia que nunca aconteceu nesta cidade. E aínda que o montante económico destes presupostos sexa importante, pois suma todo o que tería que investirse nos catro anos pasados, son uns presupostos eticamente atufados cunha inmoralidade que arrepía.
E por qué digo isto. Digoo pois, no anterior mandato, o goberno en minoría dos populares non foi quen de aprobar uns presupostos dado que estivo sometido a unha chantaxe encuberta polo grupo do que hoxe é o alcalde. A oposición natural, neste caso o PSOE, mantendo a coherencia e a distancia ideolóxica do seu discurso, tiña xustificado o voto negativo ás contas que presentaba quen daquela gobernaba. Pola contra o DO liderado por Jácome, debido a súa proximidade ideolóxica, podía chegar perfectamente a un acordo co PP. Mais, neste senso, entrou en xogo iso que coñecemos como ambición de poder. Logo, aplicouse aquelo de que todo vale con tal de acadar o obxectivo que non era outro que a alcadía. E sistemáticamente fixo unha oposición vehemente, brutal; eu diría que insultante, deste xeito impediu que houbera unhas contas aprobadas nos catro anos de mandato. Nada importaba con tal de chegar á poltrona. Asi viñeron as denuncias xudiciais sen probas, o ninguneo e incluso o insulto. Todo estaba xustificado con tal de desacreditar a quen gobernaba. Polo que a cidade resentiuse fondamente incluso no mantemento dos servizos e areas públicas e perdeu credibilidade diante outras institucións. E neses catro anos todo foi en declive.
Pois ben, agora estamos na época Jácome e os seus amigos. E comezamos a ver que detras dese señor non hai nada máis que ambición por controlar o poder dende a súa TV. Ambición por aparecer como un gran alcalde que plantexa proxectos, algúns innecesarios, e que veremos se son realidade algún día. E mentres os xardíns, areas de recreo e paques esmorecen cheos de abandono nun concello que día a día vai a menos. Empezamos a decatarnos de que en Ourense somos un lugar atípico e un sitio moi raro, onde número de asesores esprímese ata o máximo. Ou sexa pouco menos que hai un por cada concelleiro. Tamén sabemos que ate lle pagamos ó noso rexidor a súa TV, pois os empregados son costeados polas institucións públicas. E poderíamos seguir e seguir.
Todo isto que hoxe temos na cidade das Burgas débese a ise triste pacto. Pero, o máis insólito é que, entre os catorce votos que aprobaron os presupostos, está o voto do anterior rexidor. Si, ise educado señor que sempre gardou as formas, pero que foi ninguneado, vilipendiado e machacado sen paliativos por que agora rixe uns plenos nos que fala e fala eternamente sen aportar nada positivo.
En fin, despois deste despropósito, deste pacto entre que inultaba e quen era ninguneado, a pregunta esta cantada. Onde esta a ética na política? Onde están os principios e o traballo polo ben da cousa pública. Onde? A disciplina partidaria pra seguir no machiño imponse. E a sensación é que case todos perderon a ética e a vergoña polo camiño. Mellor, antepúxose a ambición de poder á ética.
O goberno xa ten os primeiros presupostos pero, valerán de algo para mellorar a vida dos cidadáns? Gastaránse en obras faraónicas e proxectos innecesarios para gloria do primeiro edil? Todo é posible neste Ourense que vai a menos. Por iso, cando a política perde o sentido común e a ética, a vida pública deshumanízase e vale de moi pouco para os cidadáns.