Queres coñecer o risco de contaxio da COVID-19 nas cidades e no rural de Galicia?

Un estudo avanzará nunha cartografía das principais zonas de risco do país.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 14/05/2020 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

Unha cartografía de risco coordinada polo profesor da USC Ángel Miramontes permitirá coñecer onde se localizan os principais focos de contaxio pola COVID-19, con que factores territoriais están relacionados e cales son os espazos de actuación chave para frear a súa propagación.

"Este mapa actualizable, permitirá realizar un diagnóstico sobre o comportamento espacial do contaxio, e á súa vez, seleccionar os espazos máis necesitados de aplicar medidas anti-propagación", explica o profesor Miramontes. Seguindo a mesma metodoloxía, realizarase a cartografía correspondente ás cabeceiras comarcais e entidades de poboación das áreas rurais.

A memoria técnica do proxecto titulado 'Xeración de cartografía de risco da COVID-19 nos espazos urbanos e rurais de Galicia' foi realizada polo profesor Miramontes e contou coa colaboración do catedrático de Xeografía da USC e coordinador do grupo de investigación de Análise Territorial (ANTE), Rubén C. Lois González. Asemade, para o seu desenvolvemento, no equipo investigador integráronse expertos en Xeografía da Saúde doutras universidades españolas.

Esta cartografía é un dos oito proxectos concedidos pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) no marco da convocatoria que publicou a finais de marzo para impulsar actividades de I+D+i que podan ser transferibles ao sector da saúde, comercio ou industria, ante a situación de emerxencia derivada da evolución da pandemia do coronavirus. A esta convocatoria concorreron 160 propostas.

Mapa de concellos con casos de coronavirus
Mapa de concellos con casos de coronavirus

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta