Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2020 | Actualizada ás 17:50
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que o seu partido repetirá a mesma lista preguntado sobre se a súa formación repetirá as qe presentara para as eleccións de abril e desbotou así, a posibilidade de ir nunha candidatura con Ciudadanos.
Preguntado en relación a un posible acordo con esta formación, subliñou que, aínda que a última palabra sobre as listas correspóndelle ao comité electoral do PPdeG, considera que "as listas electorais de abril teñen todo o vigor e toda a vixencia para xullo".
En todo caso, puxo en valor a actitude mantida pola portavoz de Cs en Galicia, Beatriz Pino e a de En Marea, por darlle o seu respaldo na convocatoria electoral. En todo caso, Ciudadanos apostaba por ir ás urnas en setembro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.