ENQUISA: Feijóo perde forza electoral no inicio da precampaña

Unha comparativa de enquisas realizada pola empresa Porcentual sinala que o PPdeG obtería 40 escanos, un menos que a enquisa de hai dúas semanas. Sobe Galicia en Común, baixa o PSdeG e mantense o BNG. Vox, C's e Marea Galeguista non terían representación.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/06/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Un novo estudo comparativo de enquisas realizado pola empresa Porcentual para Galicia Confidencial volve a apuntar a unha nova maioría absoluta do PPdeG en Galicia nas eleccións galegas aínda que, desta volta, cun escando menos que na anterior comparativa. Segundo os novos datos, o PP obtería 40 escanos, un menos que no estudo demoscópico de hai dúas semanas.

Resultados da enquisa comparatia de Porcentual para as eleccións galegas
Resultados da enquisa comparatia de Porcentual para as eleccións galegas

Deste xeito, Feijóo perdería un escano con respecto ás eleccións de 2016. Tamén perde un deputado, con respecto á anterior enquisa, o PSdeG que se sitúa en 18 actas, subindo catro con respecto aos 14 actuais. O BNG obtería os mesmos escanos que hai dúas semanas, 11, cinco máis que hai catro anos.

Quen rexistraría un ascenso máis acusado sería Galicia en Común-Anova-Mareas, que pasaría de catro a seis escanos, aínda que perdería oito se se compara co resultado das eleccións do 2016, cando se presentou baixo a fórmula En Marea. Pola contra, nin Marea Galeguista, que se di sucesora desta formación, nin Vox, nin Ciudadanos obterían representación nas eleccións do vindeiro 12 de xullo.

No seu estudo, Porcentual fai unha comparativa dos inqueritos publicados por Infortécnica para Atlántico e La Región, NC Report para La Razón, o de GAD3 para ABC, o de Celeste-Tel para eldiario.es e o de Sondaxe para La Voz de Galicia.

PORCENTAXE DE VOTOS

Segundo os seus datos, o PPdeG sería a formación máis votada co 46,9% dos votos, seguida do PSdeG co 21,8%. En terceira posición estaría o BNG, co 14,9% e, finalmente, Galicia en Común, co 9,1%. Quedarían fóra do Pazo do Hórreo, Vox co 2,9% das papeletas; Ciudadanos, co 1,5% e Marea Galeguista, co 0,8%.

Novamente, e logo, de que se publicaran varias enquisas durante a fin de semana, os dirixentes dos líderes políticos evitaron valorar as enquisas, aínda que desde o PPdeG, o seu líder, Alberto Núñez Feijóo dixo que apuntan a se repetirá unha nova maioría absoluta, mentres que o de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, suliñou que apuntan a un "gran avance" das forzas progresistas.

DISTRIBUCIÓN POR CONCELLOS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 galego 100%

E claro que o único xeito de que frijoles vai fora do poder e coa desaparición do grupo de fantasmas e estafadores "Galicia do comunecio expañol" se non sacan nada de nada significa que frijoles esta na rua ...