Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/07/2020 | Actualizada ás 12:02
A Secretaría Xeral de Institucións Penais aprobou a proposta da xunta de tratamento do cárcere de Teixeiro (A Coruña) para progresar ao terceiro grao a Marcial Dorado, condenado por narcotráfico e que se fotografou nos anos 90 nunha embarcación co presidente da Xunta de Galicia cando os dous matiñan unha estreita amistade.
Dorado foi progresado para conseguir a semilibertade nunha decisión adoptada o pasado luns pola institución dependente do Ministerio do Interior, segundo informou 'Vozpópuli' e confirman a Europa Press en fontes penais. Atopábase ata agora en segundo grao ou réxime ordinario, e xa gozara sen incidentes de seis permisos de saída ordinaria do cárcere.
Ao preso, que presenta boa conduta e cumprirá as tres cuartas partes da súa condena en outubro, aínda lle restan cinco anos de pena que cumprirá en semilibertade en virtude do terceiro grao que gozará en réxime aberto, aínda que coa aplicación do artigo 82 do Regulamento Penal, o máis restritivo para empezar a graduar o ritmo de saídas, segundo o plan que se fixe ao depender agora do Centro de Inserción Social (CIS) da Coruña.
Marcia Dorado cumpre unha condena de dez anos de cárcere imposto en 2009 pola súa vinculación a unha organización de narcotraficantes coa que mediou na venda dun barco. A Audiencia Nacional impúxolle outra pena en 2015 por un delito de branqueo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.