Xa son 11 os usuarios contaxiados na residencia Orpea, tras tres novos positivos

Hai tamén dous traballadores afectados na mesma residencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2020 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

Os casos de infectados polo coronavirus COVID-19 na residencia de anciáns Orpea de Culleredo (A Coruña) aumentaron a 13 ao dar positivo outro tres usuarios, co que son 11 usuarios e dous profesionais os afectados.

Segundo os datos actualizados este martes polas consellerías de Sanidade e Política Social, as residencias de Galicia mantéñense este martes con 11 usuarios contaxiados, todos eles na Residencia Orpea de Culleredo, e cinco traballadores.

No caso concreto dos profesionais de residencias, trátase de dous traballadores de Orpea en Culleredo; un na Residencia de Maiores de San Bartolomeu en Xove (Lugo); outro a Residencia de Maiores de Paradela (Lugo) e outro na DomusVi Barra de Miño en Coles (Ourense).

Persoa maior nunha residencia
Persoa maior nunha residencia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta