Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2020 | Actualizada ás 21:00
O Concello de Muxía convoca á veciñanza a vivir unha particular Romaría da Virxe da Barca a través das redes sociais por mor da Covid-19. Desde a administración local convídase a participar ‘desde a distancia’ nesta festividade, tan arraigada na sociedade muxiá, baixo o cancelo #ANosaBarcaÉMoitaBarca.
CHAMADA Á RESPONSABILIDADE
"A decisión foi tan meditada como difícil de tomar", apunta o alcalde, Iago Toba, quen fai unha chamada ‘á responsabilidade e a evitar todo tipo de aglomeracións’, sinala o rexedor. "Toda Muxía debería estar celebrando a súa Romaría da Virxe da Barca, pero o contexto é o que é, sendo prioridade a saúde da veciñanza", comenta o rexedor.
Como alternativa ao festexo habitual, desde as canles oficiais do Concello en redes sociais (Facebook e Instagram) proponse unha alternativa: compartir as imaxes desde o punto de vista persoal de todos os romeiros e romeiras nesta tan singular e arraigada festividade, coa que Muxía se engalana cada setembro desde hai máis de sete séculos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.