Por galdo1950 (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com/) | GC ABERTO | 26/10/2020
No Pleno do Congreso, o que fixo Casado foi disfrazarse de moderado ao só obxecto de escenificar como real unha ruptura ficticia, pois mais alá das aparencias a súa intervención tense de enmarcar no contexto dunha simulación como así referenda a man tendida ofrecida ao final do debate por Abascal para seguir mantendo futuros acordos, e que en modo algunha foi rexeitada polo máximo mandatario dos populares.
Por iso é polo que por máis cambiazo que tente aparentar o mandamáis de Xénova 13 o certo é que tras ese simulacro de aparente moderación mantén intacto a súa relación co fascismo sociolóxico, que o PP leva gravado nos seus xenes fundacionais e que forma parte dos seus acenos de identidade.
Para entender a reacción do xefe da oposición na cámara baixa ten de advertirse que aínda cando VOX expuxo formalmente a moción de censura contra o goberno de coalición, o certo é que a finalidade da mesma era darlle o sorpasso ao PP para arrebatar a súa hexemonía,; unha estratexia que foi percibida con antelación polo líder popular o que fixo que reaccionase con contundencia en salvagarda da súa primacía.
Por tanto o seu discurso non pasa de ser unha reacción de resentimento diante a trampa tendida polo seu principal aliado político e socio de contubernios e conspiracións cando viu que o abismo se lle habería aos pés, por iso é polo que o seu alarde de radical intransixencia contra a extrema dereita, máis que unha expresión de ruptura ten de entenderse como unha pose para a galería, unha manobra de despiste como tapadeira de continuidade para seguir axitando a crispación, pois o que non ten na súa intención Casado é pasar das palabras aos feitos.
Quen ve na arenga de Casado contra Abascal algo distinto a unha reacción de “sálvese quen poida” están a deixarse levar pola primeira impresión ao deducir que coas súas palabras está a marcar un antes e un despois no seu facer político, unha análise superficial que obvia o feito esencial que o PP é refén da súa propia xénese. e por tanto incapaz de romper as súas connotacións co aínda vivo franquismo sociolóxico, reaccionario, cavernícola, caciquil e racista, cuxa fortaleza no seo da organización ten máis relevancia que o conxuntural xiro copernicano do seu dirixente, co agravante engadido que o soporte ideolóxico que sustenta este armazón da gaivota impide toda posibilidade de construír unha sociedade xusta, igualitaria e solidaria.
Deixarse levar por unha guerra intestina polo liderado é eludir que os membros desta dereita que conxuntamente enchen a boca de patria e os balcóns de bandeiras, non teñen lexitimidade política algunha para erixirse en defensores da lei, tendo en conta que as súas prácticas cotiás son transgresións sistemáticas do marco legal; e non tan só pola súa relación continuada coa corrupción endémica, senón tamén polo asiduo quebrantamento de aspectos relacionados coa Lei de Memoria Histórica, e demais dereitos sociais recoñecidos constitucionalmente, porque tras a súa recorrente apelación ao Estado de dereito está sempre a apelación camuflada a un Estado de dereitas., indicando así que tras o seu proceder subxace unha concepción oportunista da lei.
De ningún xeito poden arrogarse a condición de patriotas cando todo o que fixeron foi no seu propio beneficio e en prexuízo do interese xeral, falando en por si o balance da súa xestión onde toma papel protagonista a súa interminable implicación en casos de corrupción, así como o seu vínculo de obediencia ao poder económico que é o seu auténtico dono e máis fiel ao ouro que á bandeira
Resultando funestos os eloxios tributadas desde a esquerda ao líder popular tras a súa refrega parlamentaria coa ultra dereita, cando sabido é que ambos no seu facherío son os artífices do permanente estado de involución que ameaza a estabilidade política e económica do país.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.