PPdeG confirma que apoiou subir soldos na Deputación de Pontevedra pero aclara que era na "prepandemia"

Rexeita agora subir adicacións na crise.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2020 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

A dirección do PP galego sumouse este mércores ás "críticas" dos deputados provinciais da Deputación de Pontevedra, cuxo portavoz, Jorge Cubela, realizou ante a próxima aprobación do orzamento da institución que dirixe Carmela Silva xa que se incrementan as dedicacións exclusivas de 14 a 16 e sóbense as retribucións.

Neste sentido, os populares aclaran que a disposición a subir o número de dedicacións exclusivas na institución provincial formaba parte dun acordo marco previo á pandemia orixinada polo coronavirus, pero rexeitan de plano incrementalas neste contexto de crise que afecta á poboación e, especialmente, a sectores como a hostalaría e o turismo para os que a Deputación de Pontevedra "é a única que non aprobou axudas".

O deputado socialista e membro do goberno provincial Carlos López Font saíu este martes en defensa dos orzamentos provinciais e acusou ao PP de "non saber ler e mentir" sobre as contas. Así, xustificou que a subida que se recolle é a "mesma", do 0,9 por cento, aprobada para os empregados públicos para todo o Estado.

Pero o PPdeG, do mesmo xeito que fixeron os deputados provinciais, tachou a decisión de "insolidaria e inxusta", así como "escandaloso, inmoral e indigno". De feito, en contraposición, puxo o exemplo do Goberno galego e do Parlamento de Galicia, que conxelaron "as retribucións dos políticos, aínda que si se aplicará a subida ao persoal --como este martes concretou a Cámara galega--.

Miguel Tellado, en rolda de prensa este mércores en Santiago de Compostela, para explicar as emendas ao PGE. PARTIDO POPULAR DE GALICIA
Miguel Tellado, en rolda de prensa este mércores en Santiago de Compostela, para explicar as emendas ao PGE. PARTIDO POPULAR DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta