Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 20/11/2020 | Actualizada ás 11:00
Todos os concellos das áreas metropolitanas de Vigo e A Coruña están, practicamente, en alerta vermella. O municipio coruñés de Ordes e os pontevedreses de Vilanova de Arousa e Salceda de Caselas atópanse este venres en alerta máxima por covid-19 no mapa que cada día actualiza a Consellería de Sanidade, no que se manteñen en 39 as localidades marcadadas en vermello ao abandonar esta categoría Pontedeume (A Coruña), Porto do Son (A Coruña) e Poio (Pontevedra).
Así figura na última actualización do mapa semáforo no que o Sergas emprega un rango de catro colorees (do vermello ao verde, pasando por laranxa e amarelo) para sinalar o grao de risco da situación epidemiolóxica en cada un dos 313 concellos da Comunidade galega.
Deste xeito, o número de municipios en grao máximo de alerta (marcados en cor vermella) mantense en 39, mesmo número que había o xoves. As novidades son o ingreso de Ordes, Vilanova e Salceda de Caselas, que ven compensadas pola baixada de nivel de Pontedeume, Porto do Son e Poio.
As provincias de Pontevedra e A Coruña acumulan máis do 80 por cento dos municipios no primeiro (vermello) ou segundo escalafón (laranxa) do mapa de alertas da Consellería de Sanidade. En canto á Galicia urbana, só catro das grandes cidades --Vigo, Lugo, Ourense e Pontevedra-- están en alerta máxima, mentres que as tres restantes --Ourense, Santiago e A Coruña-- seguen un día máis en laranxa.
Así, Pontevedra é a provincia con maior número de municipios marcados en vermello cun total de 19: Cambados, Vilanova de Arousa, Poio, Salceda de Caselas, A Estrada, O Grove, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Porriño, Ponteareas, Redondela, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa.
Na Coruña, o número de concellos en grao máximo de alerta é de 15: Arteixo, Boiro, Cabana de Bergantiños, Cambre, Carballo, Cerceda, Coristanco, Culleredo, Ferrol, A Laracha, Malpica de Bergantiós, Narón, Oleiros, Ordes, Ribeira.
Pola súa banda, as provincias de Lugo e Ourense suman cinco municipios marcados en vermello. Na última só está, desde hai días, nesta situación o Concello de Xinzo de Limia, mentres que en Lugo continúan unha xornada máis Sarria, Burela e Vilalba, ademais da propia capital provincial.
A alerta máxima de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol --máis de 76 casos nunha semana--, Pontevedra --máis de 96--, Lugo --máis de 112-- e Vigo --máis de 332--.
NIVEL LARANXA
No segundo escalafón de risco por covid están este venres un total de 23 municipios galegos, concentrados principalmente, do mesmo xeito que ocorre no nivel vermello, nas provincias da Coruña e Pontevedra.
Así, estas provincias suman 17 dos 23 concellos marcados en laranxa. En Pontevedra atópase nesta situación sete municipios --Caldas de Reis, A Guarda, Salvaterra de Miño, Vilaboa, Meis, A Lama e Cangas--, mentres que na Coruña son 10 --Ames, Betanzos, A Coruña, Fene, Oroso, Ponteceso, Santiago, Vimianzo, Porto do Son e Pontedeume--.
Pola súa banda, Ourense e Lugo teñen tres municipios en laranxa, respectivamente. Así, A Rúa súmase este venres a Ourense e Barbadás na provincia interior, mentres que en Lugo non hai novidades, pois seguen marcados en laranxa Chantada, Foz e Guntín.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.