Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2021 | Actualizada ás 12:03
A coordinadora de Ciudadanos en Galicia, Beatriz Pino, demandou unha reforma da tarifa eléctrica e incidiu na importancia dunha "garantía social" de acceso a subministracións básicas para as familias que se atopen nunha situación vulnerable.
Nesta liña, Pino apostou por "acabar coa dobre imposición establecida nas facturas das subministracións de electricidade e de gas" e aplicar un tipo de IVE reducido, como mínimo, durante a situación de pandemia, segundo recolleu nun comunicado a formación liberal. "Hai que aliviar a situación dos consumidores ante o forte incremento do prezo da luz", resolveu Piñeiro, quen sinalou que na actualidade o IVE que se aplica a este servizo sitúase no 21%.
Así as cousas, a coordinadora de Cs en Galicia rexistrou unha pregunta no Parlamento de Galicia que busca a redución do "enorme impacto" da subida do custo da electricidade para os consumidores particulares nunha situación marcada pola onda de frío e a crise sanitaria.
SUBIDA "DESPROPORCIONADA"
Pino cuaificou de "desproporcionada" a subida e dixo que se produciu "a destempo" e representa "un golpe máis" para as pemes, os autónomos e os consumidores particulares, que deben afrontar estes custos fixos aínda que os seus ingresos reducíronse debido á crise derivada da pandemia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.