Pode ser Yolanda Díaz a sucesora de Pablo Iglesias como candidata de Unidas Podemos?

Irene Montero di que é unha das ministras mellor valoradas.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 28/01/2021 | Actualizada ás 10:44

Comparte esta noticia

A ministra de Igualdade, Irene Montero, eloxiou este xoves á titular de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, aínda que eludiu responder se a dirixente galega debería ser a seguinte candidata de Unidas Podemos nas eleccións xerais.

Nunha entrevista en TVE, recollida por Europa Press, Montero asegurou que iso "o ten que decidir" o "conxunto do espazo" político de Unidas Podemos na que están integradas a formación morada, liderada por Pablo Iglesias, e o Partido Comunista, no que milita a propia Yolanda Díaz.

"Pero xa que me pregunta penso non só que é unha das ministras mellor valoradas, senón que é a persoa que por terceira vez conseguiu no marco social unha prórroga dos ERTE", destacou a titular de Igualdade.  Nesta liña, Montero cualificou á ministra de Traballo e Economía Social como unha "traballadora incansable, artífice de boa parte das medidas e as leis máis importantes" presentadas no Congreso dos Deputados por Unidas Podemos.

NON HAI CASO DINA SENÓN UNHA MAFIA QUE TENTOU SUBVERTIR A DEMOCRACIA

Doutra banda, a dirixente do partido morado referiuse a a decisión do Tribunal Supremo, que este mércores acordou a devolución ao xuíz da Audiencia Nacional Manuel García Castelló das actuacións que remitiu a este órgano contra Iglesias, para que esgote a investigación no denominado caso 'Dina' e unha vez realizadas as novas dilixencias, decida se procede remitir unha nova exposición razoada contra o tamén líder de Podemos dada a súa condición de aforado.

Yolanda Díaz e Pablo Iglesias, nunha rolda de prensa no Congreso
Yolanda Díaz e Pablo Iglesias, nunha rolda de prensa no Congreso

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Mira por donde estou dacordo coa Marquesa de Galapagar, se alguén ten demostrada a súa capacidade de traballo é Yolanda Díaz ! Sobre todo se a comparamos coa axenda oficial do Señorito de Galapagar https://twitter.com/00Gamela/status... Claro que tamén teñen a un tal Garzón que non sabemos para que carallo sirve !!!